top of page

Benvidas e benvidos!

Hello, Roquenrollers!

​

Este é o blogue da materia de Educación Musical do CEIP San Roque de Darbo.

​

A profe Sara irá colgando recursos para que os poidades revisar nestes días nos que toca quedar na casiña.

​

Aproveitade para escoitar música (tanto a que coñecedes coma a que non, sempre se descubren cousas moi interesantes!), ler, ver películas, series e documentais, xogar a xogos de mesa, aprender unha receita, tocar a frauta... Incluso, se dispoñedes dalgún outro instrumento na casa, por que non vos animades a aprender algunha canción nova? Á volta no cole podedes deleitarnos a todos e todas.

​

Vémonos pronto. Ata entón, podedes escribirme para calquera dúbida a roquenroll2018@gmail.com ;)

bottom of page