top of page

Friday, 19th June, 2020 - Last day of 2019 - 2020 year

Good morning guys!

Summer is about to start, and holidays too!

You did a great job during this time. I'm so happy and proud, congratulations!

Bo día, chicos e chicas!

O verán está a piques de comezar, e as vacacións tamén!

Fixestes un traballo excelente durante este tempo. Estou moi feliz e orguiosa. Noraboa!

 

 

Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.

Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!

  • Cazadores e cazadoras de sons: neste pdf. tedes un documento que podedes empregar para recompilar e "cazar" sons. Cada vez que se escoita un son da lista hai que poñer unha marquiña no cadrado. Con este tipo de actividades estimulamos a atención e a consciencia sonora do entorno. Trátase dunha adaptación que fixen a partires da idea do blogue de Teresa Patapum.

  • Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!

  • Canle de YouTube da metodoloxía Batucado: unha interesante metodoloxía, moi enfocada aos primeiros anos de educación musical, baseada nos contos e cancións temáticas.

  • Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz cantando ou falando, unha recomendación musical, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo arquivo á zona amarela ou facer clic no "+" e adxuntar.

 

 

 

 

Enjoy the Summer!

Hugs for everyone and thanks for everything...see you in September!

Desfrutade do verán!

Apertas para todos e todas e graciñas por todo...vémonos en setembro!

Friday, 12th June – Thursday, 18th June, 2020

Hello, second graders!

Ola, chicos e chicas de 2º!

 

I loved all your musical hopscotchs. I hope you enjoyed the song :)

 

Encantáronme as vosas mariolas musicais. Agardo que disfrutárades da canción :)

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

Stairs are very important in music. They are a perfect metaphore of the sound: the higher you go, the higher is the sound; the lower you go, the lower is the sound.

As escaleiras son moi importantes na música. Son unha metáfora perfecta do son: canto máis subimos, máis agudo é o son; canto máis baixamos, máis grave é o son.

Neste recurso, extraído da Aula de Música do CEIP Gerardo Diego, imos descubrir cousas sobre as notas e a súa altura a través dunha actividade que se chama "Escaleras sonoras".

Fai clic nas escaleiras para acceder: consiste en ir lendo e superando as preguntas que plantexa.

Activity 2

Do you remember the glass experiment? The song was "Estrellita, ¿dónde estás?", also known as "Twinkle, twinkle, little star" or "Campanita del lugar". Some of you played it with the glasses, and you did a great job despite it was a bit difficult!

Now, let's try with a virtual xylophone. If you press on the treble clef and the "metalófono" option it's going to be easier. Here's the score:

Acordádesvos do experimento cos vasos? Efectivamente a canción era "Estrellita, ¿dónde estás?", tamén coñecida como "Twinkle, twinkle, little star" ou "Campanita del lugar". Algúns de vós a tocástedes cos vasos e fixestes un traballo marabilloso a pesar de que era un pouco difícil!

Pois ben, imos probar agora a interpretala cun xilófono virtual. Se facedes clic na clave de sol e na opción de "metalófono" vaise ver mellor e vai ser máis fácil á hora de tocar. Aquí está a partitura:

 

Ata o venres que vén, que será o último deste curso!

See you next Friday, last day of this academic year!

Friday, 5th June – Thursday, 11th June, 2020

Hello, second graders!

Ola, chicos e chicas de 2º!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ SERÁ NECESARIO ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com O INDICADO NA ACTIVIDADE NÚMERO 1 (só a foto, o Bonus non é necesario, é un extra a maiores).

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

Let's start the week with a very fun game and a very cool song. This game is called the musical hopscotch.

Comezamos a semana cun xogo moi divertido que ten unha canción moi chula. O xogo chámase a mariola musical.

A mariola tamén se coñece con outros moitos nomes. En catalán, por exemplo, dise sambori; en castelán, rayuela. Como lle chamades vós? Algunha vez xogastes á versión "normal"?

As ideas están extraídas do blogue de @teresapatapum

Tedes aquí tres elementos:

  1. Un PDF para descargar e colorear (se non tedes impresora, non pasa nada. Podedes debuxalo nun folio).

  2. O vídeo coa canción.

  3. Un vídeo coa canción (escoitaredes a versión en catalán, pero é a mesma canción).

Que temos que facer?

  1. Escoitar a canción (vídeo número 2).

  2. Colorear e recortar a mariola (pdf número 1). No caso de non ter impresora, debuxar, colorear e recortar. A miña recomendación para coloreala é que cada nota se corresponda coas cores que traballamos na clase (que tamén son as mesmas da app das campás) do seguinte xeito:

    • Do (C): red.

    • Re (D): orange.

    • Mi (E): yellow.

    • Fa (F): green.

    • Sol (G): blue.

    • La (A): purple.

    • Si (B): pink.

    • Do' (C'): red.

  3. Visualizar o vídeo 3 co fin de comprobar a relación da canción coa mariola.

  4. Cantar a canción ao mesmo tempo que se fan os xestos na mariola.

  5. Enviarme unha foto da mariola.

  6. Bonus: enviar un vídeo cantando a canción coma no exemplo do vídeo 3.

 

Activity 2

 

To finish with, here's a video of the 9th Symphony by Beethoven, recorded during the lockdown by lots of musicians of the same orchestra. I'm sure you've heard this music before! This part of the symphony is also known as "Ode to Joy". (It starts at second 44"). How many different instruments can you recognize?

Para rematar, deixo aquí un vídeo da Novena Sinfonía de Beethoven, gravado durante o confinamento por parte de moitos músicos da mesmar orquestra. Estou segura de que escoitastes esta música moitas veces antes. Esta parte da sinfonía coñécese tamén como o "Himno á alegria". (Comeza no segundo 44"). Fixádevos como cada vez vai crecendo máis e máis o son! Cantos instrumentos diferentes podes recoñecer?

 

 

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Este é Beethoven

This is Beethoven

Friday, 29th May – Thursday, 4th June, 2020

Hello, second graders!

It seems like summer is just behind the corner!

Ola, 2º!

Parece que o verán está á volta da esquina!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA. Podedes aproveitar para enviar algunha do principio que quizais non vos dera tempo a facer nese momento!

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

Let's start the week reviewing and learning two notes on the staff: SOL and MI (G and E). In this dictation you have to tell me which number does the bird sing!

Comezamos a semana repasando e aprendendo dúas notas do pentagrama: SOL e MI (G e E). Neste ditado melódico tes que dicirme que número é o que está cantando o paxaro!

Activity 2

Let's finish the week with a dance: The Jailhouse Rock by the legend Elvis Presley.

Sabedes quen era Elvis Presley? Aquí vos deixo unha das súas cancións máis famosas para rematar a semana cun baile.

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Friday, 22nd May – Thursday, 28th May, 2020

Hello, second graders!

Thank you for all your audios singing!

Ola, rapaces e rapazas de segundo!

Moitas gracias polos vosos audios cantando!

DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ DEBERÁN ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com A ACTIVIDADE NÚMERO 1 (sempre que sexa posible facer o experimento e gravar o audio, e non resulte un impedimento) E AS RESPOSTAS EN INGLÉS A ACTIVIDADE NÚMERO 3.

Imos alá! Let’s go!

 

Activity 1
Para comezar, imos facer un experimento musical. Trátase de construír un instrumento semellante a un xilófono. Para isto necesitaremos seis vasos iguais, auga, unha regra e unha culler para tocalo. Seguide as instrucións do vídeo coa axuda de quen estea na casa con vós, xa veredes que chulo! Se o facedes, mandádeme unha foto!

Se non podedes facelo, non pasa nada! Saltade directamente á segunda parte desta actividade:

  • Coñeces a canción que está soando? Can you recognize the song?

  • Se respondiches si á pregunta anterior, saberías dicirme cal é o seu título? Do you know the title?

  • Agora...poderías cantala? (Se queres, podes mandarme un audio!). Can you sing it?

 

O certo é que esta canción coñécese con varios nomes diferentes, moitas veces dependendo do sitio onde se cante. É de orixe francés, pero é tan coñecida que o famoso compositor Mozart a empregou para unha das súas obras...aquí a deixo para que a escoitedes:

 

 

Activity 2

Seguimos cunha suxerencia na que imos empregar un instrumento moi chulo que xa coñecedes porque o vimos na clase: as campás de cores (colored bells).

Para isto, é necesario instalar unha app que se chama PsP Bells. Ao abrila, aparecen catro modos de visualización. Por suposto, podedes indagar tódalas súas posibilidades, pero aquí vos deixo unha proposta para experimentar con ela:

  • Escollemos a opción que sae na liña de arriba á dereita (a que ten o pentragrama).

  • Probamos a tocar cada campá, para ver cómo soan.

  • Preguntas:

    • De que cor é a nota máis grave das que aparecen? E a máis aguda? What's the color of the lowest bell? What's the color of the highest bell?

    • En que dirías que se diferencian estas dúas notas que acabas de mencionar? What is the difference between these two bells?

Estaría xenial que agora tentárades facer un xogo de recoñecemento auditivo, que consiste no seguinte: tocamos dúas campás, sen que o neno ou nena as vexa, só pode escoitalas. O xogo consiste en adiviñar se o son é ascendente           ou descendente.

Se xogades, xa me contaredes! Keep me posted if you play!

Activity 3

E rematamos a semana cun memory de instrumentos para repasar os máis coñecidos: https://aprendomusica.com/const2/18memoryInstrumentosBasico/memoryInstrumentosBasico.html

Let's finish de week with a memory game. Once you have all of them, send me their names in english!

Unha vez que os descubrades todos, buscade e escribide o nome de cada un en inglés e enviádemo!

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Semana das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero

 

Friday, 15th May – Thursday, 21st May, 2020

Hello, second graders!

This week we'll do a couple of activities about Día das Letras Galegas, which is on Sunday!

Ola, rapaces e rapazas de segundo!

Esta semana faremos algunhas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que como sabedes é este domingo!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com a Actividade nº 1.

​Imos alá! Let’s go!

 

Activity 1

Estas dúas rapazas, expertas en Carballo Calero, dirixen un concurso de preguntas e respostas sobre este autor, acompañado dunha música moi pegadiza!

A actividade consiste en ver o vídeo e estar moi atentos e atentas!

Despois de velo sería xenial que gravedes un audio no que cantedes o retrouso da canción, que di así, e se podedes e queredes, estarei encantada de que mo enviedes:

Este dous mil vinte

é moi singular

o coronavirus

non nos deixa traballar.

De Carballo Calero

eu vouche preguntar

pra ver o que sabes

e se podes contestar.

  • Que instrumentos cres que están soando no acompañamento musical ao tempo que cantan as rapazas?

  • Dirías que se trata de voces femininas, masculinas ou infantís?

  • Que che pareceu esta música que acabamos de escoitar?

Activity 2

Déixovos agora un conto titulado "As pitas baixo a choiva", que podedes ver nesta páxina e que, ademais, incorpora unhas cancións que o ambientan de marabilla. Agardo que vos guste!

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Friday, 8th May – Thursday, 14th May, 2020

 

Hello, second graders! Ola, rapaces e rapazas de segundo!

We're back with Music after our bank holiday last Friday. Estamos de volta con Música despois do descanso do venres pasado.

I hope you're doing well. Agardo que esteades ben.

Thank you for all your Book Day works. I really enjoyed reading them! Graciñas polos vosos traballos do Día do Libro. Encantoume lelos todos!

And now, the activities for this week. We'll do three. Let's go! E agora, as actividades para esta semana. Faremos tres. Imos alá!

DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com O SEGUINTE:

  • Actividade nº 3: cubrir a ficha interactiva que aparece no enlace.

Activity 1

Comezamos cun xogo de palmas (clap game), un bo exercicio de ritmo e coordinación. O título da canción é "Manzana". The title of the song is Apple. Primeiro, aprendemos a letra, que di así:

Manzana roja,

manzana verde

hay un gusano

que la pretende.

Ruda que rueda,

gira que gira,

lleva semillas

en su barriga.

Rueda que rueda,

gira que gira,

con su barriga

llena de vida.

Agora, imos fixarnos no ritmo. É mellor se o facedes con alguén que estea con vós na casa, pero se o facedes sós podedes empregar unha mesa para interpretar o ritmo!

 

Activity 2

Imos cantar un chisco! Se vos lembrades, a semana pasada fixemos o "Sol - Mi Challenge". Agora é o momento de complicalo! Engadimos a nota LA, que se escribe no segundo espazo do pentagrama e o seu nome en inglés é A.

Activity 3

Para a última actividade da semana, faremos unha ficha interactiva onde repasamos, precisamente, a colocación destas tres notas no pentagrama (SOL, MI e LA - G, E and A).

https://es.liveworksheets.com/nr232625xv

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

imagen_1_1542301662.jpg

Friday, 24th April – Thursday, 30th April, 2020

 

Hello! Ola!

This week we’ll do four activities. Esta semana faremos catro actividades.

​Para facelo máis sinxelo, as entradas estarán escritas en galego, pero incluirei palabras ou pequenas frases que considero importantes en inglés cunha cor vermella.

DAS CATRO ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com O SEGUINTE:

  • Actividade nº 2: cubrir a ficha con acceso no enlace e enviar as respostas. (O sistema de envío é o mesmo que o da semana pasada: “Enviar respuestas a mi profesor/a" > Engadir o nome e curso -especificando 2ºA ou 2ºB-  > escribir o meu correo roquenroll2018@gmail.com > "Send").

Imos alá! Let’s go!

Activity 1

  • Primeiro, imos facer un exercicio de ritmo (rhythm) en tres fases, seguindo este vídeo:

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O vídeo emprega só dous tipos de figuras: a negra (TA, quarter note) e o silencio de negra (SH, quarter rest). Son todos eles ritmos de catro tempos (four beats).

  1. Na primeira fase tedes que seguir o vídeo dicindo as sílabas rítmicas (TA ou SH ).

  2. Na segunda fase, substituíde as sílabas rítmicas por palmas (claps).

  3. Na terceira fase collede algún material (sempre con permiso de quen estea con vós na casa!). Poden ser unhas culleres de madeira, uns palillos chineses, uns rotuladores… Agora, tocade o ritmo co obxecto que escollerades!

 

               Moi ben! Seguro que xa o tedes dominado. Seguimos.

Activity 2

  • Aínda que este ano non estamos no cole para celebralo, onte, día 23 de abril, foi o Día do Libro. Imos facerlle unha pequena homenaxe a estes obxectos tan cheos de aventuras e imaxinación.

  • Tedes que escoller o voso libro favorito (your favorite book) (aínda que seguro que tedes máis de un!). Xa está? Agora, pensade en que banda sonora (soundtrack) lle quedaría ben, en que música sería perfecta para ambientar o que sucede nese libro. Se non se vos ocorre ningunha, non tedes por que darme un título concreto dunha canción, podedes dicirme como tería que ser esa música: alegre, triste, aguda, grave, escura, rápida, lenta, misteriosa…

  • Agora, cubride esta ficha online e enviádema! https://es.liveworksheets.com/kv242540fo Que ganas teño de ver o que me enviades!

​​Activity 3

-Nesta actividade imos cantar (let’s sing). Trátase dun xogo interactivo para repasar a colocación das notas no pentagrama (staff) e a súa entoación. En concreto, imos repasar SOL (G) e MI (E). Consiste en escoitar a voz da cantante e repetir o patrón coa nosa voz a continuación.

 

Activity 4

  • E rematamos cun baile (dance)! Levantádevos das vosas cadeiras e a mover o esqueleto! Neste vídeo vanse incluíndo palabras de unha, dúas, tres, catro e cinco sílabas (syllables). Non vos preocupedes se vos parece un pouco complicado, o importante e que intentemos imitar os movementos dos bailaríns e cantantes, pero sobre todo que nos movamos! Cantas máis veces o fagades, mellor vos sairá!

 

 

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Martes, 14 de abril de 2020

Benvidas e benvidos ao terceiro trimestre deste curso tan atípico!

Como sinalei no botón de "Novidades 3º trimestre", esta semana seguirei co repaso a expensas das instrucións da Consellería. Velaquí a actividade programada:

 

A través deste enlace                         imos facer unha ficha interactiva. Consiste en unir as dúas columnas: o instrumento co son que fai ese instrumento, dándolle a play na columna da dereita.

Unha vez que o completedes, facede clic en "¡Terminado!". Aí, dádelle a "Enviar respuestas a mi profesor/a". Engadide o voso nome, o voso curso (se sodes de 2ºA ou 2ºB) e o meu mail: roquenroll2018@gmail.com

Por último, dádelle a "Send".

Eu recibirei un mail coas vosas respostas, así tamén probamos este sistema a ver que tal funciona.

Unha aperta moi grande!

Mércores, 25 de marzo de 2020

Ola, 2º!

Como estades? Agardo que moi ben. Aquí vos deixo a proposta de actividades de Música para esta semana.

Actividade 1:

Imos comezar con moito ritmo! O outro día suxerinvos que non facía falla ter un instrumento para facer música, xa que calquera cousa podía servir: dende unha culler da cociña ata un pau de vasoira! Por iso, collede o que teñades a man e seguide o ritmo deste Musicograma que emprega TA e TITI.

Tede en conta que as palmas que soan de fondo poden confundirnos un chisco, porque fan unha cousa que se chama contratempo. Vós seguide as figuras que van aparecendo. Xa sabedes, o momento de tocalas é cando se colorean! Coma un karaoke ;)

Actividade 2:

Agora que xa interiorizamos o ritmo, imos cun xogo. Este loro tan chulo pídenos axuda para identificar os patróns rítmicos que soan. É o de arriba ou é o de abaixo? A semana que vén publicarei as respostas correctas.

Actividade 3:

Continuamos cun pequeno exercicio no que asociamos palabras a ritmos. Na seguinte ficha tedes os seguintes animais en inglés:

  • Bear

  • Frog

  • Fly

  • Puppy

  • Cat

  • Tiger

  • Wiggle worm

O obxectivo é escribir, debaixo de cada nome, o ritmo que teñen esas palabras cando as dicimos en voz alta. Se son palabras de unha sílaba, o ritmo que fan é TA. Se son palabras de dúas sílabas, o ritmo que fan é TITI. Coidado coa última, que ten truco!

Non vos preocupedes se non tedes impresora. Podedes facelo perfectamente nun folio.

BONUS!

Podedes dicirme outras palabras (en inglés, castelán ou galego) que se identifiquen con TA ou TITI?

Actividade 4:

Imos coa última actividade por esta semana. Facede sitio! Imos bailar unha muiñeira en familia. Para aprendela, seguide este vídeo de Luis Prego no que explica catro puntos. Unha vez explicados, saen a bailar o aprendido mentres el toca no acordeón, pero vós podedes empregar calquera outra muiñeira. Eu déixovos o vídeo e unha suxerencia para poñela en práctica ;)

Que teñades moi boa semana!

Mércores, 18 de marzo de 2020

Bo día, 2º!

Velaquí as actividades musicais para esta semana.

ACTIVIDADE 1

Como sabedes, a clase pasada no cole estivemos practicando ritmos con instrumentos de pequena percusión, para despois tocalos coa música de fondo.

Imos retomar esa idea!

  • Necesitades algo que soe: algún instrumento de percusión que teñades pola casa (tamén podedes fabricar un con material de refugallo. Se o facedes, mandádeme unha foto!), un utensilio vello de cociña (por exemplo, cucharas de madeira, palillos chinos...) ou mesmo serven as palmas das vosas mans ou diferentes partes do corpo!

  • Xa o tedes? Pois imos comezar! Este é o esquema a seguir (extraído do blogue A Classe de Música):

  • Primeiro, vamos a facelo coa voz: dicide TA se aparecen negras ou TITI se aparecen corcheas.

  • Despois, pensade nun pulso e mantédeo constante.

  • A continuación, facédeo co voso instrumento ao mesmo tempo que dicides TA ou TITI coa voz.

  • Agora, cambia TA e TITI por outras palabras (por exemplo, SOL e NUBE, PAN e COME, PIE and APPLE, CAT and PIZZA...).

  • Por último, facédeo só co instrumento. Practicádeo unhas cantas veces antes de facelo coa música de fondo, que será "We will rock you" da célebre banda Queen.

 

Moi ben! Á volta na clase o tocaremos todos xuntos :)

ACTIVIDADE 2

Vamos agora cunha actividade melódica. Trátase dun xogo interactivo ao que podedes acceder neste enlace e no que aprenderemos como soan as notas SOL e MI. En inglés, SOL identifícase tamén coa letra G e MI coa E: http://aprendomusica.com/swf/01C1escucharSolMi.htm

ACTIVIDADE 3

Imos rematar movendo un pouco o esqueleto. Animádevos a seguir este vídeo coa mesma canción de Queen: https://www.youtube.com/watch?v=9HtRyc3ixrc

 

 

 

Moito ánimo para estes días, chicos! Ata a semana que vén e lembrade lavar ben as mans ;)

Ritmos.png
notas-sol-y-mi.jpg
Sin título.png
bottom of page