Friday, 19th June, 2020 - Last day of 2019 - 2020 year
Good morning guys!
Summer is about to start, and holidays too!
Bo día, chicos e chicas!
O verán está a piques de comezar, e as vacacións tamén!
Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.
Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!
-
Cazadores e cazadoras de sons: neste pdf. tedes un documento que podedes empregar para recompilar e "cazar" sons. Cada vez que se escoita un son da lista hai que poñer unha marquiña no cadrado. Con este tipo de actividades estimulamos a atención e a consciencia sonora do entorno. Trátase dunha adaptación que fixen a partires da idea do blogue de Teresa Patapum.
-
Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!
-
Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz cantando ou falando, unha recomendación musical, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo arquivo á zona amarela ou facer clic no "+" e adxuntar.
Enjoy the Summer!
Hugs for everyone and thanks for everything...see you in September!
Desfrutade do verán!
Apertas para todos e todas e graciñas por todo...vémonos en setembro!
Friday, 12th June – Thursday, 18th June, 2020
Hello, fourth graders!
Ola, chicos e chicas de 4º!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.
Imos alá! Let’s go!
NOTA: aparentemente hai un problema cos enlaces aos vídeos de YouTube, polo que vos deixo escrito o que habería que poñer na barra de búsqueda para que saian os vídeos indicados e a dirección para copiar e pegar.
Activity 1
This week we'll start with some polyrhythms. Polyrhythms are a group of different rhythms that go together and sound at the same time. Here you can see four parts of rhythm. The steps are the following:
-
First, listen to it.
-
Then, focus on listening the first line.
-
Now, focus on listening the second line.
-
Do the same with the third line.
-
Finish with the fourth line.
-
Now, try to play each of the lines without music.
-
Finally, play each line with the music.
Esta semana comezaremos cunhas polirritmias. As polirritmias son grupos de ritmos diferentes que van xuntos e soan ao mesmo tiempo. Aquí podes ver catro partes de ritmo. Os pasos para esta actividade son os seguintes:
-
Primeiro, escoita e visualiza o vídeo.
-
Despois, céntrate en escoitar a primeira liña de ritmo.
-
Agora, céntrate na segunda.
-
Fai o mesmo coa terceira.
-
Agora intenta tocar cada unha das liñas de ritmo sen música.
-
Remata tocando cada liña coa música de fondo.
Búsqueda en YouTube: "Polirritmia2 Gerardo Diego" https://youtu.be/yDmcxwF00z8
Activity 2
We finish this week with a cup game. You can do it with someone in your family!
Rematamos a semana cun xogo de vasos. Podedes facelo con alguén da familia!
Búsqueda en YouTube: "LETKISS - Juego de vasos" https://youtu.be/TLwfklVe3LU
Ata o venres que vén, que será o último deste curso!
See you next Friday, last day of this academic year!
Friday, 5th June – Thursday, 11th June, 2020
Hello, fourth graders! Thanks for your works about music and dance of the world!
Ola, chicos e chicas de 4º! Graciñas polos traballos sobre música e danzas do mundo!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Let's start the week with a dance. The objective is to make up a dance for this song, that has the typical structure of a pop song: introduction - verse - chorus - verse - chorus - bridge - chorus - end. Have fun!
Comezamos a semana cun baile. O obxectivo é que inventedes unha coreografía para esta canción, que ten a estrutura típica dunha canción pop: introdución - estrofa - estribillo - estrofa - estribillo - ponte - estribillo - final.
Para facelo, a miña recomendación é que inventedes uns pasos para a estrofa, outros para o estribillo e outros para a introdución, ponte e final, e os repitades sempre que saian esas partes. Que vos divirtades!
Activity 2
The previous video showed a song that was going to appear in the Eurovision Song Contest 2020. Due to the pandemic, it was cancelled this year...Here's the theme song of the Contest, "Te Deum" by Charpentier, a french composer from the baroque era.
O vídeo anterior mostraba unha canción que ía participar no Festival de Eurovisión 2020. Debido á pandemia, este ano foi cancelado... Aquí tendes a cabeceira do concurso, "Te Deum" de Charpentier, un compositor francés da época barroca.
A idea é que o poidades facer con palmas ou con algún tipo de pau ou baqueta, e con alguén que estea na casa, pero se non pode ser podedes facelo vós sós.
Que teñades unha semana excelente!
Have an excelent week!
Friday, 29th May – Thursday, 4th June, 2020
Hello, fourth graders!
It seems like summer is just behind the corner!
Ola, 4º!
Parece que o verán está á volta da esquina!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade 3. Lembro que non hai présa na entrega das tarefas, que o importante é ir facendo o que se poida na medida do posible!
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Let’s start the week with some fresh music to cheer you up!
Comezamos a semana cun pouquiño de música fresca para animarnos!
This is a song from 1957 popularized by the American musician Thurston Harris, which became especially famous in 1996 when it appeared on the film “Matilda”.
Trátase dunha canción do ano 1957 popularizada polo músico estadounidense Thurston Harris, que se fixo especialmente famosa moitos anos despois, no 1996, por aparecer na película “Matilda” (se non a vistes, aí vai a miña recomendación: tanto o libro –de Roal Dahl- coma a peli son dos meus favoritos).
Neste musicograma empregaremos diferentes tipos de palmas (fixádevos ben tamén cando toca a esquerda e cando a dereita).
-
Primeiro, escoitade a canción e védeo sen tocar.
-
Despois xa estaredes preparados e preparadas para pasar á acción. Atentos e atentas que ten un pulso rápido!
Déixovos tamén a escena da película onde sae esta canción.
Activity 2
The keyboard instruments
Se pensades en instrumentos de tecla seguro que o primeiro que se vos vén á cabeza é o piano. Imos descubrir aquí outros que quizais vos resulten curiosos. Aínda que todos teñen teclas, non todos pertencen á mesma familia. Por exemplo, o piano é de corda percutida, pero o acordeón, que tamén ten teclas, é de vento!
-
Aquí vos deixo uns vídeos para que descubrades os seus diferentes sons:
Piano Celesta Armonio
Acordeón Clavicémbalo
E, por último, aquí vos deixo dous vídeos máis:
-
Un curiosísimo instrumento que se empregaba para poñer música ás películas mudas: o Fotoplayer. Non só é un piano…é moitísimas cousas máis. Se pechades os ollos seguro que podedes imaxinar debuxos animados antigos movéndose moi rápido acompañados desta banda sonora.
-
Un extracto da película “Big”. Como vedes, hai instrumentos de tecla que poden tocarse cos pés!
Activity 3
Let's finish the week with a little project about World Music. Here are the steps:
Rematamos a semana cun pequeno proxecto sobre a música no mundo. Aquí van os pasos:
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 22nd May – Thursday, 28th May, 2020
Hello, fourth graders!
Congratulations on your works about Carballo Calero!
Ola, rapaces e rapazas de cuarto!
Noraboa polos vosos traballos sobre Carballo Calero!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a actividades nº 2 e 3. Lembro que non hai présa na entrega das tarefas, que o importante é ir facendo o que se poida na medida do posible!
Imos alá! Let’s go!
Here you have a .pdf where I wrote all the verses you sent me!
Déixovos aquí un .pdf onde recompilei tódalas estrofas que me enviastes. Tentei poñelas máis ou menos en orde cronolóxica, pero como veredes moitos de vós fixestes algunhas de introdución, por iso as puxen xuntas. Sería xenial que probárades a cantala enteira, introducindo os ailalá entre cada estrofa!
Activity 1
Here you have a presentation by @musicoress where you can find out about human voices! Which one do you think you have? If you double click on each video it would get bigger.
Neste taboleiro extraído de @musicoress podedes investigar un pouquiño sobre os tipos de voces humanas. Que tipo de voz credes que tedes vós? Se facedes dobre clic sobre cada vídeo apareceravos máis grande:
https://view.genial.ly/5eb026b4d948e90d85cd0ba8/interactive-content-voces-humanas
Activity 2
The next activity is a review interactive worksheet.
A seguinte actividade é unha ficha interactiva de repaso: https://es.liveworksheets.com/xd75817cq
Activity 3
Let's continue with the recorder. I want you to record yourselves playing one of the songs we learned this year. You don't have to be on the video: an audio is perfect! (You can find the scores scrolling down this page).
Seguimos coa frauta. Gustaríame que vos gravásedes a vós mesmos tocando unha das cancións que aprendemos este curso, a que queirades. Non tedes que aparecer no vídeo, un audio é perfecto! (Lembrade: tedes as partituras se lle dades para abaixo de todo nesta páxina).
Activity 4
Despídome con dúas cousiñas:
-
Unha pequena broma - acertixo... a ver se sabedes de que canción se trata ;) Pista: fixemos a nosa propia versión hai dous cursos.
-
E cun curioso vídeo:
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Semana das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero
Friday, 15th May – Thursday, 21st May, 2020
Hello, fourth graders!
This week we'll do a couple of activities about Día das Letras Galegas, which is on Sunday!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade nº 1.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Lembrades a regueifa sobre Antonio Fraguas que fixemos o ano pasado entre todo o cole? Pois ben, este ano imos facer a nosa en 4º sobre o homenaxeado do 2020, Ricardo Carballo Calero!
-
Lede con atención o que vos puxen nas imaxes máis abaixo: a receita son os pasos que debedes seguir para facer a actividade.
-
Déixovos tamén algúns enlaces máis abaixo que podedes consultar con datos sobre a súa vida e obra para inspirarvos, aínda que sei que xa sabedes un montón de cousas sobre o autor!
-
Tamén adxunto un audio meu cantando a estrofa de exemplo que vos puxen, para que lembredes a melodía típica de regueifa.
-
Só tedes que enviarme a estrofa que compoñades de forma escrita. Malia todo, se queredes adxuntar un audio ou vídeo cantándoa, perfecto!
Activity 2
Now we'll learn lots of things about a musical genre that mixes music with theatre. Carballo Calero was really into it! And we're working on this with sixth graders...can you guess?
Nesta páxina imos aprender moitas cousas sobre un xénero musical que mestura música e teatro, ao que Carballo Calero era moi aficionado...e que estamos a traballar en sexto. Non vos digo máis! A ver se adiviñades cal é.
Activity 3
And, to finish with, here are some musical tracks with Carballo Calero's works. I hope you like them!
E, para rematar, aquí vos deixo algunhas pezas musicais que empregan traballos de Carballo Calero. Agardo que vos gusten!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 8th May – Thursday, 14th May, 2020
Hello, fourth graders! Ola, rapaces e rapazas de cuarto!
We're back with Music after our bank holiday last Friday. Estamos de volta con Música despois do descanso do venres pasado.
I hope you're doing well. Agardo que esteades ben.
Thank you for all your works! They were very interesting. Did you enjoy the walk around the museum? Moitas gracias polos traballos! Foron moi interesantes. Gustouvos o paseo polo museo?
DAS CATRO ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ O SEGUINTE:
-
Actividade nº 4: cubrir a ficha interactiva.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Comezamos bailando coa coñecidísima canción Uptown Funk, de Bruno Mars e Mark Ronson. Let's start dancing to Uptown Funk, by Bruno Mars and Mark Ronson. Non vos preocupedes se non vos sae á primeira. Xa sabedes que o importante é moverse! O que si quero é escoitar eses "uuuh" ben forte!
Activity 2
-
E seguimos con este mesmo tema, pero agora traballando cun musicograma (listening map) de percusión corporal (body percussion).
-
Usaremos palmas, muslo dereito, muslo esquerdo, pés e peito. We'll use claps, right lap, left lap, feet and chest.
-
Fixádevos que cando se trata dos muslos, o musicograma distingue entre muslo esquerdo (cun E) e muslo dereito (cun D).
-
Primeiro, centrádevos soamente en ver o musicograma e as súas partes. Será na segunda escoita cando xa podedes empezar a probar e engadir a percusión corporal.
Activity 3
-
Continuamos cunha canción para frauta (recorder). Titúlase "Eder Meyen", e emprega as notas sol - la - si - do' e re' (G - A - B - C' - D'). Neste enlace http://docentestic.es/eder_meyen.html atoparedes todos os materiais necesarios para interpretala.
Seguide estes pasos:
-
Escoitamos (listen) a canción, fixándonos en como soa e na súa estrutura.
-
Agora botamos unha ollada á partitura (the score) ao tempo que a escoitamos de novo.
-
Recordamos como tocar as notas si - la - sol - do' e re' coa frauta. Lembrádevos de soprar suave!
-
Xa estamos preparados e preparadas. Comezamos a tocar a canción pouquiño a pouco. Let's start playing the song. Velaquí a secuencia de notas:
sol | si - re - do | si - sol - la | si - re - do | la - a solla | si - re - do | si - sol - la | si - redo - sila | so-ol sh ||
Activity 4
Na última actividade da semana imos facer unha ficha interactiva (interactive worksheet), repasando o compás de tres por catro. Se lembrades, neste entran tres pulsos por compás (é dicir, tres negras, por exemplo).
O obxectivo é que digades se cada un dos compases que aparece na ficha é correcto (pulgar cara arriba) ou incorrecto (pulgar cara abaixo). Este é o enlace: https://es.liveworksheets.com/uv83971nk
Ata o venres que vén! Que teñades unha boa semana.
See you next Friday! Have a nice week.
Friday, 24th April – Thursday, 30th April, 2020
Hello! Ola!
This week we’ll do three activities. Esta semana faremos tres actividades.
Para facelo máis sinxelo, as entradas estarán escritas en galego, pero incluirei palabras ou pequenas frases que considero importantes en inglés cunha cor vermella.
DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ O SEGUINTE:
-
Actividade nº 1 completa.
Non é necesario crear unha conta de correo para os nenos/as. Poden empregar a dos pais/nais/titores, indicando no asunto o nome e o curso (especificando A ou B).
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
-
Estades preparados e preparadas para viaxar sen saíres da casa? En concreto, imos ir ao Museo de Instrumentos Musicais de Phoenix en Arizona (Estados Unidos) (Musical Instrument Museum).
-
Este é o enderezo ao que debedes ir para visitalo:
Grazas a Google Maps podemos ver tódolos instrumentos que ten dentro, de distintas épocas e culturas. Dade unha volta con calma, que imos facer unha investigación! Escollede os dous instrumentos que máis vos gusten. A continuación, facede nun folio o seguinte con cada un deles:
-
Debuxo do instrumento. (Draw the instrument).
-
Nome do instrumento. (Name of the instrument).
-
País ou zona de orixe. (Country or area). Se non aparece no museo, ou se non o atopamos, podemos poñer o nome en Google e tentar buscar de onde vén.
-
Familia (Family): vento (wind), corda (strings) ou percusión (percussion).
Activity 2
-
Imos agora cun exercicio de ritmo (rhythm). Só necesitades as palmas (claps), pero se queredes facelo aínda máis divertido collede (sempre co permiso de quen teñades na casa) unhas culleres de madeira, uns palillos chineses ou mesmo un par de rotuladores!
-
Seguro que moitos de vós vistes a película Trolls. Pois ben, unha das cancións da súa banda sonora (soundtrack) é "Hair up", un tema que introduce na súa melodía outro que xa existía dende hai moooooitos anos, chamado Na gruta do rei da montaña, do compositor noruegués Edvard Grieg (1843 – 1907) e que seguro que vos soa en canto o escoitedes.
-
Este era Grieg:
-
Nesta actividade só temos que tocar negras (quarter notes), silencios de negra (quarter rests) e a parella de dúas corcheas (two eighth notes). Déixovos aquí uns pasos para acadar o éxito total:
-
Primeiro, escoitamos a música. Fixámonos no seu pulso e nas figuras que emprega. En que compás (time signature) credes que está escrita? 2/4, 3/4 ou 4/4?
-
A continuación, volvemos a escoitala e, desta vez, empregamos as sílabas rítmicas (TA para as negras, TITI para as dúas corcheas e SH para o silencio de negra), dicíndoas de viva voz.
-
Por último, collemos ese utensilio que vos dixen antes e interpretamos segundo a lenda que di ao principio do vídeo:
-
Negras (quarter notes): palmas ou utensilio sobre a mesa.
-
Dúas corcheas (two eighth notes): chocar palmas ou utensilio entre si.
-
Silencios de negra (quarter rests): dicimos “sh”.
-
-
-
Aquí tedes o vídeo:
-
E aquí tedes a obra orixinal de Grieg nun vídeo que agardo que vos guste tanto coma a min:
Activity 3
-
Rematamos a semana cun vídeo moi curioso. Este profesor de conservatorio ensínanos como facer un instrumento de vento, parecido na forma a unha frauta e no son a unha gaita, cunhas simples pallas.
-
Animádesvos a intentalo? Se é así, prometédeme que o faredes sempre cun maior ao voso lado.
-
É incrible como soa ao final do vídeo!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Martes, 14 de abril de 2020
Ola, 4º! Comezamos este terceiro trimestre da mesma forma na que rematamos o segundo: de momento, enviarei contidos de repaso. Cando teñamos novidades, informarémosvos.
Imos probar este sistema de fichas interactivas.
Se facedes clic neste enlace abrirase unha páxina na que hai un exercicio moi sinxelo de repaso das notas no pentagrama. Completádeo e, unha vez que o teñades, facede clic en "¡Terminado!". Aí, dádelle a "Enviar respuestas a mi profesor/a". Engadide o voso nome, o voso curso (se sodes de 4ºA ou 4ºB) e o meu mail: roquenroll2018@gmail.com
Por último, dádelle a "Send".
Eu recibirei un mail coas vosas respostas.
Seguimos falando!
Apertas.
Venres, 27 de marzo de 2020
Bo día, 4º!
Como estades? Agardo que siga todo moi ben. Aquí vos deixo a proposta de actividades para esta semana.
Actividade 1:
O outro día repasamos o vídeo da danza "Alunelul" que, se lembrades, era orixinaria de Rumanía. Desta vez imos quedarnos mooooito máis preto, pois o reto é aprender unha muiñeira. Sei que moitos de vós coñecedes moitas, incluso as cantades e bailades pero, para todos, vou facer aquí un pequeno resumo:
-
A muiñeira é un xénero musical de orixe galego, aínda que existen variantes noutras zonas de España.
-
É unha danza rápida, viva, que se baila normalmente en grupo e de carácter festivo. Aínda que na clase non vimos este tipo de compás, cóntovos que adoita estar en 6/8 (seis por oito, o que quere dicir que hai seis corcheas por cada compás).
Investiga...
*Saberías dicirme de que outra palabra provén "muiñeira" e por que ten ese nome?
*Con que instrumentos se interpreta?
E agora, a bailar!
Déixovos aquí tres vídeos:
-
Un tutorial co que aprender catro puntos (pasos) da muiñeira. Aceptades o reto? É moi divertido, sobre todo se o facedes en familia. Acabaredes sudando, iso seguro!
-
Tamén vos deixo o audio da "Muiñeira de Chantada", para que o poñades de fondo e así bailar con el unha vez que dominedes os pasos. É só unha suxerencia, pois vale calquera outra muiñeira.
-
Por último, un vídeo no que a "Muiñeira de Chantada" se baila dunha forma moi diferente á que acabades de aprender, pero que resulta espectacular (a tralla comeza no minuto 1' 16" aproximadamente).
Actividade 2:
Imos agora a reciclar construíndo un instrumento musical. Déixovos aquí dúas ideas, pero podedes facer o que imaxinedes, o que vos ronde a cabeza! Estas son só suxerencias:
-
As Marañuelas: necesitaredes cartón, pegamento, papeis de cores, tapóns e algúns grans de arroz. O vídeo é algo longo, e ao mellor non tedes tódolos materiais que se precisan, pero non pasa nada! Podedes adaptalo ao que teñades por casa. O importante é darlle unha nova vida a esas caixas de cartón, tapóns, restos de folios, papeis de agasallos...e por suposto, que soe!
-
As Culleres. Para este precísase menos material, pero queda un instrumento moi chulo.
Encantaríame que me mandárades fotiños das vosas creacións a roquenroll2018@gmail.com
Empregaremos os instrumentos nestes días!
Por certo...atención, pregunta! En que familia de instrumentos clasificarías as marañuelas e as culleres?
Actividade 3:
Explícovos agora a última actividade da semana. É unha ficha que ten dúas partes, pero só necesitaredes escribir nunha delas. Por suposto, podédela facer igualmente aínda que non teñades impresora, copiando só a segunda parte (a do fondo de cariñas sorrintes):
-
A primeira parte é unha táboa - resumo na que recordo a duración dos pulsos dalgunhas figuras.
-
A segunda parte é a ficha que deberdes facer. Trátase de encher os ocos tal e como se vos indica na ficha, engadindo dúas figuras en cada un dos rectángulos e sumando os pulsos para obter o resultado final. (É unha adaptación que fixen do blogue de A Classe de Música).
Moi boa semana, chicos e chicas!
VENRES, 20 DE MARZO DE 2020
Bo día a todos e todas!
Agardo que esteades moi ben.
A través deste blogue irei colgando actividades musicais semanalmente, así que permanecede atentos e atentas!
Comezamos a primeira das clases de forma telemática facendo un repasiño de onde nos quedamos a semana pasada.
Actividade 1:
Como sabedes, dúas clases antes estivemos bailando a danza Alunelul, así que aquí vos deixo un vídeo para repasala. Recordades de que país era orixinaria?
Actividade 2:
Despois de mover un pouco o esqueleto, vamos coa frauta. Aquí están as cancións que vimos ata agora para repasalas, cun vídeo tutorial de cada unha:
LA SI | LA SI | DO-O | SI (SH) | LA SI |
LA SI | DO - O | (SHH) LA SI | LA SI | DO-O|
SI (SH) | DO SI | lasi dosi| LA-A | LA (SH) ||
sisisisi SOL lasi | dodododo SI (SH) | sisisisi SOL lasi | laLAla SOL (SH):||
SI-I SOL lasi | DO-O SI-I | SI-I SOL lasi | laLAla SO-OL :||
Actividade 3:
Agora que xa movemos o esqueleto e tocamos un pouquiño a frauta, vamos a cantar con este vídeo. A cantante fai un patrón que temos que repetir a continuación, en estrutura de pregunta - resposta.
Actividade 4:
Antes de despedirme ata a semana que vén, déixovos unha proposta. Seguro que moitos e moitas de vós coñecedes a iniciativa de colgar un arco da vella das nosas fiestras para recordarnos que, despois da tormenta, volverá saír o sol, e despois destes días na casa, volveremos a cantar e bailar todos xuntos!
Pois ben, aquí tedes un arco da vella musical que podedes colorear, imprimir e colgar. Se non dispoñedes de impresora, non vos preocupedes! Podedes facer o mesmo copiándoo dende a pantalla. Vaivos quedar chulísimo!
E se queredes, mandádeme o resultado ao correo roquenroll2018@gmail.com
Apertas!