top of page

Quincena do 26 de abril ao 3 de maio de 2021

​

Ola, de novo, nenos e nenas!

Volvemos facer música, despois dun tempiño, a través do blogue do cole!

Desta vez, tráiovos un conto musical chamado "Gigantes y Enanitos", que nos fala dos sonidos forte e piano. Podedes pensar en sonidos que sexan fortes? A min ocórreseme o que fai unha aspiradora, ou un xigante cando camiña! E...algún son piano? Por exemplo, o que fai un lapis contra o papel cando debuxamos, ou o dun ananiño paseando polo bosque...

Agardo que este conto vos guste moito.

​

​

​

​

​

​

Vémonos nuns días!

Apertas da profe Sara.

​

Quincena do 20 de novembro ao 4 de decembro

​

Ola, nenos e nenas!

Esta quincena a proposta céntrase na danza, en concreto na "Danza dos sete saltos". Trátase dunha canción acumulativa que ofrece múltiples posibilidades.

Os sete saltos que eu vos propoño (e que podedes ver no primeiro vídeo) son os seguintes, pero podedes cambialos por outros (por exemplo, xestos de animais con este vídeo!):

1. Brazos arriba.

2. Brazos aos lados.

3. Brazos abaixo.

4. Agachámonos.

5. De rodilas.

6. Tumbados no chan.

7. Tumbados no chan cos pés arriba.

En lugar de desprazarnos polo espacio, para favorece-la distancia social podemos movernos no noso sitio. Aquí tedes o audio:

​

​

​

​

​

Por último, un vídeo dos instrumentos musicais (está en inglés, pero o obxectivo é que digan o nome en galego ou castelán e que identifiquen o seu son).

​

​

​

​

​

​

Seguimos facendo música xuntxs! Ata pronto!

​

​

​

​

​

​

​

Quincena do 6 ao 20 de novembro

​

Ola, chicos e chicas!

Agardo que vos gustaran as cancións da semana pasada e que desfrutárades do Samaín :)

Esta semana imos continuar en "modo outono".

Nesta canción empregaremos o inglés. Trátase de ir dicindo as cores das follas que van aparecendo ao tempo que estas se iluminan: yellow, cando saian as amarelas e red cando saian as vermellas. Cando o cadradiño apareza sen ningunha folla, faremos o silencio dicindo "ssshh".

Cando xa o teñamos dominado, podemos facer algunha das seguintes variantes:

  • Dividimos a clase en dous grupos: uns encárganse de cantar as "yellow", outros as "red" e todos facemos os silencios.

  • Dividimos a clase en dous grupos, pero ningún dos dous canta. A metade ten papeis vermellos e a outra tenos amarelos. Amosarán o papel cando saia a súa cor.

  • Facer percusión corporal: cando saia yellow podemos facer dúas palmadas e cando saia red dar nos muslos ou enriba da mesa.

​​

​

​

​

​

​

​

Xilófono dixital Xylo

Nesta páxina atoparedes un estupendo xilófono co que interpretar cancións ou simplemente probar o seu son. Se queredes, pódese proxectar na pantalla e tocar nela. Vemos que cada nota ten unha cor diferente, polo que dúas actividades interesantes poden ser:

  •  Colorear este pdf coas mesmas cores que se empregan en Xylo.

  • Interpretar algunha canción seguindo o código de cores, coma por exemplo...

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Deica pronto!

Apertas grandes.

​

​

​

​

Quincena do 23 de outubro ao 6 de novembro

​

​

​

​

Buuuuuu!

Sabedes que data se aproxima? SAMAÍN!

Aquí vos deixo algunhas cancións clásicas destas datas para para festexar, escoitar e bailar!

​

​

​

​

 

 

 

 

 

 

 

​

​

​

 

Recoñecedes os instrumentos que aparecen nesta canción?

​

​

​

​

​

​

Ademais, tamén seguimos coa temática do outono, con esta canción que se titula "Tres castañas polo chan". O obxectivo é que a acompañedes con percusión corporal, empregando os pés, as palmas e os silencios na parte A e facendo unha roda na parte B. Substituiremos a roda dando dous círuclos individuais cara á esquerda (contamos 8 pasos para cada un) e outros dous círculos cada a esquerda (volvendo a contar 8 e 8 pasos).

​

​

​

​

​

​

​

Ata dentro duns días!

Apertas grandes

​

​

​

Ola de novo, nenos e nenas de Infantil de San Roque!

​

Comezamos este curso de Música de forma diferente, a través do blogue, e o facemos recordando a canción coa que nos saudabamos sempre cada mañá!

Recoñecedes a este gatiño que vos canta?

 

Ola (versión libre da canción do método Gordon):

​

Ola, chicos, benvidos a cantar

Ola, que alegría vervos!

Yarabara bara bara pam pam pam

Yarabara bara bara pam pam pam

Yarabara bara bara pam pam pam

Yarabara bara bara pam... pam... pam...


 

​

Lembrades en que estación estamos? Si, esa que ten tantas cores marabillosas... o outono! E para celebralo, continuamos repasando unha canción que xa cantamos o ano pasado. Agardo que a desfrutedes e cantedes moito! A ver se podedes recordar os xestos que faciamos ;)

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Imos rematar cun pouquiño de movemento. Se non tedes un folio, non pasa nada! Empregade as palmas das vosas mans, asegurádevos de ter espazo suficiente e... a moverse con The Clap Song!

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Ata o próximo día!

Apertas grandes da profe Sara.

​

Venres, 19 de xuño de 2020 - Último día do curso 2019 - 2020

Bo día a todos e todas.

Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.

Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!

​

​

  • Cazadores e cazadoras de sons: neste pdf. tedes un documento que podedes empregar para recompilar e "cazar" sons. Cada vez que se escoita un son da lista hai que poñer unha marquiña no cadrado. Con este tipo de actividades estimulamos a atención e a consciencia sonora do entorno. Trátase dunha adaptación que fixen a partires da idea do blogue de Teresa Patapum.

​

​

​

  • Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!

​

​

​

  • Canle de YouTube da metodoloxía Batucado: unha interesante metodoloxía, moi enfocada aos primeiros anos de educación musical, baseada nos contos e cancións temáticas.

​

​

​

  • Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo documento á zona amarela ou premer no "+" para adxuntalo.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

 

 

Moi feliz verán!

Apertas para todos e todas...vémonos en setembro!

​

​

​

​

​

​

Venres, 12 de xuño de 2020

Ola ola!

Déixovos unhas recomendacións para esta última semana de curso.

NOTA: aparentemente hai un problema cos enlaces aos vídeos de YouTube, polo que vos deixo escrito o que habería que poñer na barra de búsqueda para que saian os vídeos indicados e a dirección para copiar e pegar.

​

Actividade 1:

"As aventuras de Jordiet" é un conto musical extraído do blogue de Teresa Patapum. Durante este curso na clase seguimos os catro capituliños e, agora, publícase un pdf imprimible cos dous protagonistas: Jordiet e a raposa Vicenta. Estes días poden ser un bo momento para velos de novo e aproveitar para pasar un bo rato coloreando coa temática ou tentando debuxar aos personaxes no caso de non ter impresora. Aquí tedes o enlace aos vídeos e ao pdf!

 

 

Barra de búsqueda en YouTube: "las aventuras de Jordiet" https://youtu.be/HBzZ6-JJ9gM

​

​

​

​

​

​

​

Actividade 2:

A seguinte proposta é "Vaia banda", un espectáculo do estupendo grupo de percusión Odaiko.

Barra de búsqueda en YouTube: "Vaia banda Odaiko Percussion Group" https://youtu.be/lnGq7hE8AII

​

Apertas!

​

​

​

Jordiet e Vicenta

Venres, 8 de maio de 2020

Bo día, nenos e nenas! Como estades? Agardo que sigades ben.

Déixovos dúas recomendacións musicais. Quizais xa as coñezades, pero por se non é o caso aquí vos deixo a información:

  • A primeira é "Radio Picariña", unha emisora online da Radio Galega na que poderedes atopar moitas cancións ben chulas.

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

Se lle dades ao play, abaixo á dereita aparece a icona de "lista de reprodución" e aí ábrense máis cancións de diferentes temáticas.

  • A segunda é a canle de YouTube de Afundación, na que están subidos os obradoiros lúdico - musicais de Esperanza Mara. Esta é a primeira sesión:

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Apertas!

​

​

​

​

Venres, 15 de maio de 2020

Ola a todos e todas! Esta semana déixovos un par de recomendacións musicais para festexar as Letras Galegas.

"As pitas baixo a choiva" é un conto do homenaxeado deste ano, Ricardo Carballo Calero. Ademais, nesta páxina incorpóranse unha serie de cancións que enmarcan perfectamente este relato.

​

​

Aínda que non é de Carballo Calero, sempre é bo momento para escoitar música en galego. Fixádevos en que instrumento tan curioso!

​

​

​

​

​

​

​

​

Apertas!

​

​

​

​

​

Martes, 14 de abril de 2020

Benvidas e benvidos ao terceiro trimestre deste curso tan atípico!

Como sinalei no botón de "Novidades 3º trimestre", esta semana seguirei co repaso a expensas das instrucións da Consellería. Velaquí a actividade programada:

​

Actividade:

Repasamos unha canción que xa vimos na clase, e que leva por título "Clap clap song", do grupo The Klaxons.

​

​

​

​

​

Trátase dun tema moi sinxelo, e para interpretalo só necesitaredes a metade dun folio. Se sodes varios na casa, queda moi vistoso facéndoo con folios de cores, coma podemos ver no vídeo.

A canción ofrece moitas posibilidades. Aquí vos deixo un esquema de como traballala:

1. Escoitamos a canción, facendo palmas cada vez que soa a parte de "1, 2, 3" (no vídeo, correspóndese co momento no que os nenos e nenas tocan nos folios). Podemos bailar libremente mentres soa. Comentamos como é esa canción: se é alegre, triste, animada, rápida, lenta...o que nos suxira. O importante é comunicarnos.

2.  Despois da primeira escoita darémonos conta de que ten unha estrutura en dúas partes: A e B. Na parte A, os nenos e nenas do vídeo están en círculo, mentres que na parte B desplázanse ao centro. Sinalamos esa diferencia entre as partes.

3. Para interpretala, podemos empregar o folio, como escribín máis arriba, pero tamén serve empregar algún instrumento que teñamos na casa, ou incluso unha botella de auga ou unha culler de pau...calquera elemento pode ser un instrumento!

4. Despois de interpretala, podemos ir engadindo variantes, non temos que facelo coma no vídeo. O importante é pasar un bo rato e que os nenos e nenas saiban diferenciar a parte A da parte B. Por exemplo, se somos varios e o facemos con folios de cores, podemos dar consignas coma "van ao centro aqueles que teñan un folio verde" ou "quedan sentados os que teñan un folio laranxa".

​

Xa me contaredes!

Apertas.

​

​

Martes, 31 de marzo de 2020

Ola, familias! Agardo que estes días estean a pasar da mellor forma posible. Velaquí a proposta de actividades de Ed. Musical para a semana. Lembrade que para calquera dúbida, comentario ou suxerencia podedes escribirme a roquenroll2018@gmail.com

​

Actividade 1:

Esta actividade repasa o concepto de grave e agudo, cun xogo interactivo que fixemos nalgunha clase pero que vén ben repasar. Consiste en ubicar o instrumento na parte alta da montaña se é agudo ou na parte baixa se é grave. Para sacar máis proveito, podemos pedirlles aos nenos e nenas que nos digan de que instrumento se trata. O certo é que o son non é o mellor do mundo, pero traballamos a discriminación auditiva de igual xeito.

Esta é a ligazón: http://ares.cnice.mec.es/artistica/a/04/a_ba04_01vf.html

​

Actividade 2:

Necesitaremos agora nada máis e nada menos que 41 estrelas, se poden ser de cores, mellor! Lánzovos un reto.

Coa música de "Twinkle, twinkle, little star" (valeríanos tamén calquera outra versión: en castelán -Estrellita, ¿dónde estás?, Campanita del lugar...-, en calquera outro idioma, máis rápida, máis lenta...) imos dar un paseo musical.

Esta música provén de Francia, e o gran compositor clásico Wolfgang Amadeus Mozart fixo con ela unha das súas partituras máis famosas, variándoa doce veces.

Comezaremos vendo o vídeo e fixándonos nas pausas que realiza, que se corresponden cos finais de frase.

Despois colocaremos as estrelas por onde queiramos, de forma que ocupen toda a casa, todo o salón, saian ao xardín se é que dispoñedes dun...o que se vos ocorra!

Agora, collendo a man do neno ou nena, facede o percorrido seguindo o tempo da música. Unha vez que o interioricen estarán preparados e preparadas para facelo sós.

 

 

 

 

 

 

 

Agardo que desfrutedes moito destas actividades e, se queredes, mandádeme algunha

foto do resultado!

Apertas!

LUNS, 23 DE MARZO DE 2020

​

Ola a todos e todas!

Agardo que esteades ben e levando esta situación da mellor forma posible.

​

Imos comezar a semana cunha canción na que traballamos os matices, en concreto vamos a falar de forte e piano. Nesta canción, "Los Gigantes y los Enanitos", da metodoloxía Batucado, aparecen os xigantes co símbolo de forte (f) e os ananos co de piano (p).

​

​

​

​

​

​

​

​

​

Proposta:

Deixo aquí dúas imaxes descargables (extraídas do TPT de Anastasiya Multimedia Studio) que podemos imprimir ou copiar nun folio. Despois, os nenos e nenas poden colorealas (por exemplo, a de piano de verde ou azul e a de forte de vermello ou laranxa).

Unha vez que as temos, podemos poñer a canción de fondo e, con algún obxecto (baquetas, palillos chineses, rotuladores...), seguimos o pulso da canción tocando enriba do papel de piano se soan os ananos ou enriba do papel de forte se soan os xigantes. Deste xeito desenvolvemos o sentido do ritmo e a discrminación auditiva.

Despois, podemos rematar esta parte recordando un vídeo que colguei tamén o outro día, relacionado co tema e que lles gusta moito. Sería xenial que o cantasen á vez que soa!

​

​

Por último, neste .pdf tedes outra actividade para colorear e recortar! Aínda que non dispoñades de impresora, podedes facer algunha proposta parecida nun papel. Agardo que desfrutedes destes contidos e que teñades moi boa semana.

Apertas!

Ideas para traballar na casa

Nestes días tan pouco habituais convén manter certa rutina. Por iso, deixo aquí algunhas ideas que poden resultar útiles para traballar dende a casa cos máis pequenos e pequenas, sempre que sexa posible.

​

  • Cancións:

    • As que mellor funcionan son as mimables (con xestos). Podemos ensinarlles unha canción por día, e se non ten xestos, inventalos.

    • Variar as cancións cantándoas forte ou piano, rápido ou lento.

    • Cantar as cancións poñendo voces diferentes (de animais, por exemplo).

    • Contar un conto que teña unha canción relacionada (tipo "O Polo Pepe").

    • Debuxar ou colorear algunha imaxe que teña relación coa canción.

​

  • Exercicios de movemento, nos que se traballa a motricidade grosa. Ao non poder saír á rúa, é bo que busquemos estratexias para que canalicen a enerxía dalgunha forma. Por isto, é imprescindible que se movan, aínda que sexa dentro da casa.

  • O xogo das estatuas: se a música soa, bailamos. Se se para, temos que quedarnos conxelados, coma estatuas. É un bo exercicio para a discriminación de son/silencio e aprendizaxe do respecto das normas. Este é un exemplo dunha canción que xa inclúe eses momentos de silencio, pero serve calquera outra música que podemos ir parando:

​

 

​

​

​

​

​

​

 

  • O xogo das illas desertas ou The floor is lava: moi parecido ao das estatuas, podemos dispoñer papeis de periódico no chan e, cando a música para, temos que poñernos enriba dun deses papeis. O xogo permite mil variantes dependendo do nivel do neno/a, coma por exemplo establecer a norma de non repetir "illa" ou facelo con cores e dar consignas sinxelas para ir a unha cor ou outra. Tamén podemos decirlles que se paren nunha postura determinada (agachados, de pé cos brazos en alto, facendo dun animal...).

  • Cancións de roda: son útiles sobre todo se hai máis dun neno ou nena na casa, pero sempre se poden adaptar ou cantar doutro xeito.

    • na clase emprego moito o primeiro corte deste vídeo de YouTube, Juguemos en el bosque mientras el lobo no está.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

  • Audición activa: podemos empregar obras de compositores "clásicos" para debuxar as emocións que senten coa música á vez que a escoitan. A mellor opción é papel continuo de gran tamaño e moitas cores, pero serve calquera cousa.

​

  • Fabricar un instrumento con materiais de refugallo, relacionándose moi estreitamente isto co proxecto do centro deste ano, "Ecolexio - Ti decides".

​

  • Aprender unha coreografía sinxela a través de canles de YouTube.

    • GoNoodle

    • ZumbaKids

    • Just Dance Kids

    • The Learning Station

​

​

  • Ensinarlles cancións que nos gustaran cando eramos nenos.

​

  • Facer un karaoke.

​

  • Xogar a O director/directora de orquestra. Podemos empregar instrumentos que teñamos na casa, de pequena percusión, por exemplo, ou calquera outro tipo de superficie ou obxecto que faga ruído. Trátase de seguir as indicacións do director/a e tocar forte, piano, rápido, lento...

​

  • Traballar as cualidades do son:

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

  • Instrumentos:

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

  • Conto: Las aventuras de Jordiet (capítulos do un ao catro) e La isla de los sonidos.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

  • Prosodia musical: a través deste exemplo, podemos crear raps con alimentos ou obxectos que teñamos pola casa, colocándoos en diferentes ordes e variando a velocidade ou intensidade, omitindo algunha das palabras, asociando cada palabra a un xesto...

​

​

​

​

​

​

​

​

​

 

  • Percusión corporal: unha boa forma de mellorar a motricidade e fomentar o coñecemento do esquema corporal é o emprego da percusión corporal, que se pode traballar con exemplos coma este.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

bottom of page