top of page

Friday, 19th June, 2020 - Last day of 2019 - 2020 year

Good morning guys!

Summer is about to start, and holidays too!

Bo día, chicos e chicas!

O verán está a piques de comezar, e as vacacións tamén!

Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.

Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!

  • Cazadores e cazadoras de sons: neste pdf. tedes un documento que podedes empregar para recompilar e "cazar" sons. Cada vez que se escoita un son da lista hai que poñer unha marquiña no cadrado. Con este tipo de actividades estimulamos a atención e a consciencia sonora do entorno. Trátase dunha adaptación que fixen a partires da idea do blogue de Teresa Patapum.

  • Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!

  • Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz cantando ou falando, unha recomendación musical, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo arquivo á zona amarela ou facer clic no "+" e adxuntar.

Enjoy the Summer!

Hugs for everyone and thanks for everything...see you in September!

Desfrutade do verán!

Apertas para todos e todas e graciñas por todo...vémonos en setembro!

Friday, 12th June – Thursday, 18th June, 2020

Hello, third graders!

Ola, chicos e chicas de 3º!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

Stairs are very important in music. They are a perfect metaphore of the sound: the higher you go, the higher is the sound; the lower you go, the lower is the sound.

As escaleiras son moi importantes na música. Son unha metáfora perfecta do son: canto máis subimos, máis agudo é o son; canto máis baixamos, máis grave é o son.

Neste recurso, extraído da Aula de Música do CEIP Gerardo Diego, imos descubrir cousas sobre as notas e a súa altura a través dunha actividade que se chama "Escaleras sonoras".

Fai clic aquí abaixo para acceder: consiste en ir lendo e superando as preguntas que plantexa.

Se recordas, na mariola pintamos unha casiña de cada cor, correspondente a cada nota da escala. Se dispós de escaleiras na casa, propóñoche facer algo similar ao que aparece nesta imaxe (por suposto, sen empregar pinturas!). Podes poñer uns papeliños co nome e cor da nota (coas cores que vimos na clase e coas que fixestes o outro día a mariola, que tedes se ides máis abaixo nesta páxina na publicación anterior).

 

Activity 2

Music and art history are very close. In this activity you can learn about four famous paintings. Then, you have to choose one of it and draw it while you hear a musical theme related to it.

A historia de música e do arte están moi unidas. Nesta actividade podedes aprender sobre catro famosos cadros. Despois, tedes que escoller un deles e reproducilo mentres escoitades un tema musical relacionado.

 

 

 

 

 

 

 

Ata o venres que vén, que será o último deste curso!

See you next Friday, last day of this academic year!

Friday, 5th June – Thursday, 11th June, 2020

Hello, third graders!

Ola, chicos e chicas de 3º!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ SERÁ NECESARIO ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com A ACTIVIDADE NÚMERO 2 (só o punto 5. O bonus é, por suposto, prescindible).

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

Let's start with a video of The Lion King, the musical. Maybe some of you know it, or maybe you even went to see it live!

Comezamos cun vídeo do musical do Rei León. Quizais algúns o coñezades, ou quizais incluso o víchedes en directo! O mellor do vídeo é que podedes mover a pantalla e ver tódalas perspectivas do escenario.

Un musical é unha obra escénica, unha forma teatral que incorpora seccións cantadas e bailadas con outras faladas (con diálogos).

Coñeces algún outro musical?

Activity 2

Let's continue with a very fun game and a very cool song. This game is called the musical hopscotch.

Comezamos a semana cun xogo moi divertido que ten unha canción moi chula. O xogo chámase a mariola musical.

A mariola tamén se coñece con outros moitos nomes. En catalán, por exemplo, dise sambori; en castelán, rayuela. Como lle chamades vós? Algunha vez xogastes á versión "normal"?

Con esta versión do xogo repasaremos as notas musicais da escala de do.

As ideas están extraídas do blogue de @teresapatapum

Tedes aquí tres elementos:

  1. Un PDF para descargar e colorear (se non tedes impresora, non pasa nada. Podedes debuxalo nun folio).

  2. O vídeo coa canción.

  3. Un vídeo coa canción e representación (escoitaredes a versión en catalán, pero é a mesma canción).

Que temos que facer?

  1. Escoitar a canción (vídeo número 2).

  2. Colorear e recortar a mariola (pdf número 1). No caso de non ter impresora, debuxar, colorear e recortar. A miña recomendación para coloreala é que cada nota se corresponda coas cores que traballamos na clase do seguinte xeito:

    • Do (C): red.

    • Re (D): orange.

    • Mi (E): yellow.

    • Fa (F): green.

    • Sol (G): blue.

    • La (A): purple.

    • Si (B): pink.

    • Do' (C'): red.

  3. Visualizar o vídeo 3 co fin de comprobar a relación da canción coa mariola.

  4. Cantar a canción ao mesmo tempo que se fan os xestos na mariola.

  5. Enviarme unha vídeo no que se vexa a vosa mariola acompañándoa cos xestos coma no vídeo 3.

  6. Bonus: se queredes e tedes espacio e posibilidades, podedes facer isto mesmo no chan e saltar enriba, como fai a rapaza deste vídeo:

 

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Friday, 29th May – Thursday, 4th June, 2020

Hello, third graders!

It seems like summer is just behind the corner!

Hola, 3º!

Parece que o verán está á volta da esquina!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS NON É NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA. Se hai algunha actividade do principio que vos quedou sen facer, podedes aproveitar e mandala, así como aproveitar para repasar un pouquiño de frauta.

​Imos alá! Let’s go!

Activity 1

The first activity of the week is a percussion one. You'll need some sticks, but you can do it also with pencils, for example!

A primeira actividade da semana é de percusion. Necesitaredes un par de paus, ou baquetas, pero tamén o podedes facer cuns lápices, por exemplo.

Activity 2

Let's continue and finish with some dancing! This song is by Dua Lipa. It can be a bit difficult at the beggining, but I'm sure that if you practice, you'll do it!

Continuamos e rematamos cun pouco de baile! Esta canción é da artista Dua Lipa. Pode resultar un pouquiño difícil ao principio, pero se practicades, o conseguiredes!

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Friday, 22nd May – Thursday, 28th May, 2020

Hello, third graders!

Thank you for all your amazing poems! You're all great poets!

Ola, rapaces e rapazas de terceiro!

Graciñas polos vosos estupendos poemas! Sodes todos uns fantásticos e fantásticas poetas!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERANSE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com AS RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DA ACTIVIDADE 1 E A ACTIVIDADE 2.

​Imos alá! Let’s go!

 

Activity 1

A primeira actividade da semana consiste en seguir este musicograma que incorpora negras, dúas corcheas e silencio de negra (quarter note, two eighth notes and quarter rest). Fixádevos no código de cores que aparece ao principio do vídeo: se as figuras saen de cor azul, as palmadas serán na mesa; se saen de cor vermello, serán no peito, e se saen de cor amarelo, serán palmas normais.

​​​​​Preguntas:

  • Cantas partes diferentes dirías que ten esta canción? How many different parts does this song have?

  • Que instrumento é o protagonista? A que familia pertence? What's the main instrument? What family does it belong to?

  • Debuxa este instrumento. Draw this instrument.

  • Bonus: recordas que coñecido personaxe de debuxos animados toca este instrumento? Do you remember which well-known cartoon character played it?

Activity 2

E seguindo coas figuras do exercicio anterior, imos facer un ditado rítmico que consta de dez partes. Trátase dun vídeo con temática de esqueletos no que aparecen dez secuencias de ritmos con negra, dúas corcheas e silencio de negra (o vídeo comeza no segundo 40). Se tedes impresora, podedes imprimir esta plantilla que vos deixo en pdf, e se non tedes non pasa nada! Basta con escribir as secuencias do 1 ao 10 nun folio, facerlle unha foto e enviarmo (desta vez non o facemos en LiveWorksheets para que practiquen a escritura musical).

Activity 3

Rematamos da forma máis plurilingüe posible cunha canción en francés. Agardo que vos guste e que aproveitedes para bailar!

 

 

 

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Semana das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero

 

Friday, 15th May – Thursday, 21st May, 2020

Hello, third graders!

This week we'll do a couple of activities about Día das Letras Galegas, which is on Sunday!

Ola, rapaces e rapazas de terceiro!

Esta semana faremos un par de actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que como sabedes é este domingo!

DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com a Actividade nº 1.

​Imos alá! Let’s go!

 

Activity 1

 

Estes son os poemas. Non tes por que facer un enteiro, podes facer só un cachiño do que máis che guste :)

Poema 1:

Non llo preguntarei, non, aos pardais

nin á cachorra, nin ao paporrubio

non llo preguntarei á lavandeira

que decote uns, outros de cando en cando,

ao meu terrazo acoden, comer

as miúdas migallas que lles boto.

 

Poema 2:

O meu cabalo piafa no curro do castelo.

O seu casco escrebe sobre o po,

sobre a area, sobre a auga, sobre a neve,

sobre o vento, poemas que eu transcrebo

en clave de lúa, en lingua de non.

Circulación da cadro do seu caracoleo.

Cadratura do círculo. O centauro arquitecto.

Poema 3:

Durme, meniño, no teu berce;

durme, que os montes están cheos de neve.

Durme, meniño, no teu barrelo;

durme , que os montes están cheos de medo.

Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera

ti choutarás polas floridas veigas.

​​​​​Activity 2

Estas dúas rapazas expertas en Carballo Calero presentan un programa de preguntas e respostas combinadas cunha música moi pegadiza. Seguro que sodes quen de contestar correctamente un montón!

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

Gravar_poema_3º_EP.png

Friday, 8th May – Thursday, 14th May, 2020

 

Hello third graders! Ola, rapaces e rapazas de terceiro!

We're back with Music after our bank holiday last Friday. Estamos de volta con Música despois do descanso do venres pasado.

Antes de comezar a explicar as actividades para esta semana, déixovos aquí o resultado da lista de reprodución coas propostas que recibín durante estas dúas semanas. Podedes consultala tanto en Spotify coma en YouTube, e veredes que hai cancións para tódolos gustos! Agardo que a escoitedes e que bailedes moito con ela. Here's the playlist:

These are the links. Estes son os enlaces para escoitala.

And now, the activities for this week. We'll do three. Let's go! E agora, as actividades para esta semana. Faremos tres. Imos alá!

DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com O SEGUINTE:

  • Actividade nº 2: cubrir a ficha interactiva que aparece no enlace.

Activity 1

Comezamos cun exercicio de ritmo e coordinación. Coa coñecida canción de Queen, I want to break free, necesitaremos un boli, unha cera...ou calquera outro obxecto polo estilo. Trátase de seguir os ritmos que van aparecendo, coma se fose un karaoke, pero en lugar de cantar, facemos as figuras musicais co obxecto. En concreto empregan TA, TITI e SH durante toda a canción en diferentes combinacións. Que o desfrutedes! Se o facedes con alguén máis que estea na casa é aínda máis divertido.

Let's start with some rhythm and coordination. With Queen's I want to break free, we'll need a pen or something similar. The objective is to follow the rhythms as they appear, like if we were on a karaoke but, instead of singing, we'll play the musical figures with our object. The song uses quarter notes, two eighth notes and quarter rests. Enjoy! If you can do it with someone at home it will be funnier.

Activity 2

Seguimos cunha ficha interactiva. Trátase de que escoitedes os oito audios que aparecen na parte de abaixo e os emparelledes con cada grupo de figuras, escribindo o número correspondente.

Now, we'll continue working with an interactive worksheet. You have to listen to the audios below and match each one with the correct group of musical figures, writing the number on the squares next to each one.

Este é o enlace que debedes seguir: https://es.liveworksheets.com/cx235193zs

Activity 3

E rematamos cun pouquiño de frauta (recorder) e cunha canción moi divertida que emprega as notas que xa vimos na clase (si, la e sol): Un ratón me persigue. Se non tedes a frauta na casa, non pasa nada! O que faredes será cantala coas notas. Seguide estes pasos:

  1. Escoitamos a canción, fixándonos en como soa e na súa estrutura. Que instrumento é o que a interpreta?

  2. Agora, botamos unha ollada á partitura ao tempo que a escoitamos de novo. Se te fixas, está dividida en "Escucha" e "Toca". Iso é porque só temos que tocar (ou cantar, no caso de non dispoñer da frauta) a parte na que di "toca". Esta estrutura musical chámase eco.

  3. Recordamos como tocar as notas si - la - sol coa frauta. Lembrade soprar suave! (Se non temos a frauta, o que faremos será cantar si - la - sol).

  4. Xa estamos preparados e preparadas. Comezamos a tocar a canción pouquiño a pouco. Velaquí a secuencia de notas:

                   (introdución) solsol lala | si - i | solsol lala | si - i | sisi lala | so - ol | sisi lala | so - ol |

                                           solla solla | si - i | solla solla | si - i | sila sila | la - sol|sila sila | la - sol :||

Nesta páxina tedes todo o que precisades: a partitura en .pdf, o audio para escoitala (onde di "Acompañamiento") e unha partitura interactiva na que se van marcando as notas. Xa me contaredes! http://docentestic.es/un_ratn_me_persigue.html

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

1.jpg
2.jpg

Friday, 24th April – Thursday, 30th April, 2020

 

Hello! Ola!

This week we’ll do three activities. Esta semana faremos tres actividades.

​Para facelo máis sinxelo, as entradas estarán escritas en galego, pero incluirei palabras ou pequenas frases que considero importantes en inglés cunha cor vermella.

DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com O SEGUINTE:

  • Actividade nº 2: cubrir a ficha con acceso no enlace e enviar as respostas. (O sistema de envío é o mesmo que o da semana pasada: “Enviar respuestas a mi profesor/a" > Engadir o nome e curso -especificando 3ºA ou 3ºB-  > escribir o meu correo roquenroll2018@gmail.com > "Send").

  • Actividade nº 3: título e intérprete da canción. As respostas deberanse enviar por correo a roquenroll2018@gmail.com.

Non é necesario crear unha conta de correo para os nenos/as. Poden empregar a dos pais/nais/titores, indicando no asunto o nome e o curso (especificando A ou B).

Imos alá! Let’s go!

Activity 1

  • Comezamos cun exercicio de ritmo (rhythm), extraído do blogue A Fiestra da Mestra. Trátase dunha canción titulada “Ronsel”, do grupo galego Luar na Lubre.

  • Para interpretala necesitaredes unha culler de madeira (wooden spoon) e un garfo (fork). Preguntade antes a quen estea con vós na casa se podedes utilizalos! Non vos preocupedes se non podedes empregar ambos elementos. Podedes coller, por exemplo, dous rotuladores de cores diferentes, palillos chineses…ou mesmo as vosas palmas!

Xa o tedes? Seguimos!

  • Primeiro, escoitamos. Fixámonos no seu pulso (beat) .

  • Despois, volvemos a escoitala, dando palmas (claps) cando aparezan os garfos e as culleres e dicindo “sh” cando o cadradiño estea baleiro.

  • A continuación, comezaremos interpretando a canción cun só elemento (a culler ou o garfo, ou un dos palillos, ou un dos rotuladores, ou unha das palmas sobre a mesa).

  • Na cuarta vez que a escoitamos, facemos o mesmo que no paso anterior, pero co outro elemento . Por exemplo, se antes comezamos coa culler, agora tocaría o garfo.

  • Desta vez tentamos facelo xa cos dous elementos! Seguro que vos sae xenial.

Ademais, podedes facelo en familia, que sempre é máis divertido.

Dominado, a que si?

Activity 2

  • Sabedes que día foi onte? Si! O Día do Libro. Este ano, lamentablemente non estamos no cole para celebralo, pero o certo é que tódolos días son o día do libro e agardo que esteades aproveitando para ler un montón.

  • Nesta actividade tedes que escoller o voso libro favorito (your favorite book) (aínda que seguro que tedes máis de un!). Xa o tedes? Agora, pensade en que banda sonora (soundtrack) lle quedaría ben, en que música sería perfecta para ambientar o que sucede nese libro. Se non se vos ocorre ningunha, non tedes por que darme un título concreto dunha canción, podedes dicirme como tería que ser esa música: alegre, triste, aguda, grave, escura, rápida, lenta, misteriosa…

  • Agora, cubride esta ficha online e enviádema! https://es.liveworksheets.com/kv242540fo

  • E aquí vos deixo unha canción da película Mary Poppins (da nova versión) moi relacionada co tema. Seguro que moitos de vós xa a vistes, pero agardo que gocedes dela igualmente!

 

Activity 3

  • Saes a aplaudir polos sanitarios cada día ás oito da tarde? Alguén do teu entorno aproveita ese momento para poñer música? Quizais es ti mesmo/a quen pon esa música? Estás lendo isto con voz de anuncio de televisión?

  • Pois ben! Imos coa última actividade da semana. Propóñovos o seguinte: pensade na canción ou obra musical que máis vos alegra estes días. Imos facer unha playlist (lista de reprodución musical). É dicir, imos recompilar toda a vosa música favorita coa que estades pasando estes momentos.

  • Para esta actividade tedes que dicirme o título (title) e o intérprete (performer) desa música. Mandádeme só unha, a vosa favorita. Por exemplo:

Título (title): Resistiré. Intérprete (performer): El Dúo Dinámico.

  • Cando teña as de todos e todas, compartirei esa lista con vós para que a poidades poñer nas vosas casas.

Ata o venres que vén! Apertas.

See you next Friday! Sending a big hug.

CANCIÓNS_QUE_ME_ALEGRARON.jpg

Martes, 14 de abril de 2020

Ola, 3º! Benvidos e benvidas a este terceiro trimestre tan atípico.

Como sinalei no botón de "Novidades 3º trimestre", esta semana seguiremos co repaso ata ter novidades da Consellería. Velaquí a actividade que vos propoño:

Para ver que tal funciona este sistema, imos facer unha ficha interactiva. Para acceder a ela, só tedes que facer clic no seguinte enlace:

Consiste en que marquedes, de cada instrumento, o nome correcto. Son 21 en total!

Unha vez que o completedes, facede clic en "¡Terminado!". Aí, dádelle a "Enviar respuestas a mi profesor/a". Engadide o voso nome, o voso curso (se sodes de 3ºA ou 3ºB) e o meu mail: roquenroll2018@gmail.com

Por último, dádelle a "Send".

Eu recibirei un mail coas vosas respostas.

Unha aperta moi grande!

Martes, 24 de marzo de 2020

Ola, 3º!

Que tal estades? Agardo que siga todo moi ben.

Que tal vai Mary had a little lamb? Tocástela coa frauta? Se tedes algunha dúbida xa sabedes que podedes escribirme e estarei encantada de resolvela :)

Déixovos a proposta de actividades para esta semana.

Actividade 1

Decatástesvos de que xa chegou a primavera? Pronto poderemos gozar dela, pero mentres tanto imos celebrar a súa chegada dende dentro da casa. Déixovos unha ficha con esta temática, para colorear e na que repasamos algunhas figuras.

É unha adaptación do blogue de @educamaría, traducida ao inglés.

Temos nela catro tipos de figuras. Vouvos explicar cada unha:

  • Negra, TA ou quarter note: o seu valor é de 1 pulso.

  • Dúas corcheas, TITI ou eighth notes: o seu valor é de 1 pulso.

  • Redonda, TA-A-A-A ou whole note: o seu valor é de 4 pulsos.

  • Branca, TA - A ou half note: o seu valor é de 2 pulsos.

Para que todo quede máis claro, imos repasalo con este vídeo. Nel non aparecen as dúas corcheas (TITI), pero tede en conta o que xa sabedes: duran o mesmo ca unha negra!

BONUS!

Escribide debaixo de cada elemento cal é o resultado da suma das figuras. É dicir, escribide debaixo de cada abella e de cada flor cantos pulsos suman as figuras que conteñen.

*Sei que esta actividade vese limitada ao non dispoñer de impresora. Non pasa nada, imos adaptarnos a tódalas situacións ;)

Debuxade cada unha das figuras na metade dun folio, de forma que ocupen todo ese espazo. Facede varias de cada tipo: varias negras, varias brancas, varias redondas e varios pares de corcheas. Podedes debuxar cada unha dunha cor diferente para que sexan máis fáciles de diferenciar!

Agora, sós ou coa axuda dun maior, dádelle a volta de forma que non vexades a figura. Seleccionade unhas cantas, poñédeas en fila coma se fose unha suma e poñede ao lado o resultado da suma dos pulsos.

Reservade este material. Vémonos na actividade número 2.

Actividade 2

Imos agora a poñer en práctica o aprendido, empregando o noso corpo e desenvolvendo o noso sentido do ritmo! Primeiro, botádelle unha ollada ao vídeo. Despois, levantádevos da silla e facede o mesmo ca o reno. Se na actividade 1 fabricastes as tarxetas de figuras, é un bo momento para empregalas! Collede unha baqueta, uns palillos chineses ou mesmo un rotulador...o que teñades. Seguide o ritmo percutindo enriba de cada tarxeta no momento no que apareza cada figura na pantalla.

Actividade 3:

Imos investigar un pouquiño.

  1. Pregunta á alguén da túa familia pola súa música favorita e escolle, de entre o que che digan, un cantante, grupo ou compositor.

  2. Hoxe en día, recurrimos a internet para case todo pero... pregúntalles como escoitaban esa música. En CD, en cassette, en vinilo...? Seguro que te sorprendes!

  3. Pídelle agora, a esa persoa, que che poña unha canción ou obra que lle guste, e escribe un pequeno texto onde reflexes:

    • Nome do grupo, cantante ou compositor.

    • Título da canción ou obra.

    • Que che sorprendeu desta experiencia?

Despídome ata a semana que vén con dúas recomendacións.

-O Teatro Real está subindo representacións de óperas infantís gratuitas introducindo o código OperaEnCasa na seguinte web: https://www.myoperaplayer.com/

Coido que o formulario de rexistro é algo tedioso, pero tamén se poden ver os tráilers de cada título sen necesidade de rexistro nesta dirección: https://www.myoperaplayer.com/videoteca/familiar e facendo clic en "VER AHORA".

-Este coro de nenos e nenas, PS22, ten moitos vídeos moi chulos onde fan versións de cancións, algunhas coñecidas e outras non tanto, pero sen dúbida merece a pena botarlle unha ollada!

BOA SEMANA ;)

LUNS, 16 DE MARZO DE 2020

Bo día!

Comezamos a semana recopilando o traballo feito ata agora e incorporando algunha cousiña nova.

A semana pasada estivemos interpretando "Mary had a little lamb" en instrumentos de placas. Como xa coñecemos a canción, vamos a practicala agora na frauta.

As notas son diferentes das que empregamos cos instrumentos de placas:

SI - LA - SOL (B - A - G)

  • Esta é a partitura:

As notas serían:

SI - LA - SOL - LA | SI - SI - SIIII | LA - LA - LAAAA | SI SI SIIII |

SI - LA - SOL - LA | SI - SI - SI - SI | LA - LA - SI - LA | SOOOOOOOOOOL ||

  • Aquí vos deixo un tutorial en inglés que primeiro repasa as posicións de SI - LA - SOL e despois interpreta a canción a diferentes velocidades:

  • E, se dispoñedes dun xilófono/carillón/piano, podedes rescatar o aprendido na clase pasada coas notas DO - RE - MI (C - D - E) e este vídeo e ficha de @mjpedagogiamusical:

  • Por último, antes de despedirme, déixovos dous vídeos cunhas versións moi diferentes desta canción. Unha, do guitarrista Stevie Ray Vaughan e outra de Paul McCartney (un dos compoñentes de The Beatles, nun grupo que fundou cando se separaron, chamado Wings). Se queredes, lede un pouquiño sobre a historia desta canción nesta páxina de Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Mary_Had_a_Little_Lamb

ADIVIÑA ADIVIÑANZA...

SABEDES QUE FIGURAS MUSICAIS LEVA STEVIE RAY VAUGHAN NA CORREA DA SÚA GUITARRA?

SERÁN NEGRAS...CORCHEAS...BRANCAS...?

Podedes enviar as vosas respostas a: roquenroll2018@gmail.com

Ata o luns que vén!

Mary-Had-a-Little-Lamb-BAG-1.png
Mary had mj pedagogia musical.png
bottom of page