Luns, 30 de marzo de 2020
Aquí vos deixo o Acto I para que o descarguedes e modifiquedes.
LUNS, 16 DE MARZO DE 2020
Ola, 48 Stars Compañía de Ópera!
Como sabedes, estamos a vivir unha situación moi extraordinaria.
Ninguén se imaxinaba que iamos ter que estar nunha situación así, pero as cousas veñen como veñen e temos que adaptarnos a elas da mellor forma que poidamos.
Lembrade o noso tema, "a superación de obstáculos", e a nosa tese, "perder para triunfar". Canta relación ten co que nos está a pasar estes días!!!!
Xuntos imos superar este obstáculo. Porque ás veces é necesario perder (perder a oportunidade de ver aos nosos amigos e amigas durante un tempo, perder o feito de ir por aí coa bici, perder os entrenos co equipo...) para poder gañar despois a seguridade e a normalidade habituais.
Por iso, imos seguir falando por aquí. Irei actualizando este espazo pouco a pouco, e para calquera dúbida ou cuestión podedes escribirme a roquenroll2018@gmail.com
Máis que nunca é o momento de remar xuntos como compañía. E se así o facemos, en xuño estrearemos a nosa ópera.
Apertas,
Sara.