Friday, 19th June, 2020 - Last day of 2019 - 2020 year
Good morning guys!
Summer is about to start, and holidays too!
Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.
Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!
-
Cazadores e cazadoras de sons: neste pdf. tedes un documento que podedes empregar para recompilar e "cazar" sons. Cada vez que se escoita un son da lista hai que poñer unha marquiña no cadrado. Con este tipo de actividades estimulamos a atención e a consciencia sonora do entorno. Trátase dunha adaptación que fixen a partires da idea do blogue de Teresa Patapum.
-
Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!
-
Canle de YouTube da metodoloxía Batucado: unha interesante metodoloxía, moi enfocada aos primeiros anos de educación musical, baseada nos contos e cancións temáticas.
-
Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo arquivo á zona amarela ou facer clic no "+" e adxuntar.
Enjoy the Summer!
Hugs for everyone and thanks for everything...see you in September!
Desfrutade do verán!
Apertas para todos e todas e graciñas por todo...vémonos en setembro!
Friday, 12th June – Thursday, 18th June, 2020
Hello, first graders!
Ola, chicos e chicas de 1º!
I loved all your musical hopscotchs. I hope you enjoyed the song :)
Encantáronme as vosas mariolas musicais. Agardo que disfrutárades da canción :)
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.
Imos alá! Let’s go!
NOTA: aparentemente hai un problema cos enlaces aos vídeos de YouTube, polo que vos deixo escrito o que habería que poñer na barra de búsqueda para que saian os vídeos indicados. Desculpade as molestias.
Activity 1
The Little Hummingbird Orchestra: an orchestra is a group of instruments that play together at the same time. In this game, you'll be the conductor.
A Orquestina Colibrí: unha orquestra é un grupo de instrumentos que tocan xuntos ao mesmo tempo. Neste xogo, ti serás o seu director ou directora.
Premisas:
-
Facendo clic sobre cada instrumento actívase o seu son.
-
Se queres que un instrumento pare de tocar, só tes que volver a facer clic sobre el.
-
Se fas clic no A, arriba á esquerda, verás a letra que ten cada instrumento e que podes controlar co teclado.
-
Se fas clic no silencio de negra, ao lado do A, os instrumentos deixan de tocar.
-
Se vas facendo clic nos números arriba á dereita, soarán diferentes combinacións de instrumentos ao mesmo tempo, ata chegar ao 0 no que tocan todos á vez.
-
O obxectivo é que consigas que os instrumentos toquen ao mesmo tempo en harmonía.
-
How many instruments can you recognize? Cantos instrumentos podes recoñecer?
Pulsa na parella de corcheas para acceder ao recurso.
Activity 2
AMAWOLÉ
This is a song from an African country called Democratic Republic of Congo. Steps for success:
Esta é unha canción dun país africano chamado República Democrática do Congo. Pasos para unha interpretación de éxito:
-
Visualiza o vídeo da canción.
-
Intenta repetir o acompañamento de palmas, sen cantar.
-
Aprende a canción cantándoa ao mesmo tempo que ves o vídeo de novo.
-
Une o acompañamento de palmas coa voz.
-
Anima a quen estea contigo a cantalo ao mesmo tempo ca ti!
Búsqueda en YouTube: "Amawolé" https://youtu.be/Uw3pprp_btw
Ata o venres que vén, que será o último deste curso!
See you next Friday, last day of this academic year!
Friday, 5th June – Thursday, 11th June, 2020
Hello, first graders!
Ola, chicos e chicas de 1º!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ SERÁ NECESARIO ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com A FOTO DA ACTIVIDADE NÚMERO 1.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Let's start the week with a very fun game and a very cool song. This game is called the musical hopscotch.
Comezamos a semana cun xogo moi divertido que ten unha canción moi chula. O xogo chámase a mariola musical.
A mariola tamén se coñece con outros moitos nomes. En catalán, por exemplo, dise sambori; en castelán, rayuela. Como lle chamades vós? Algunha vez xogastes á versión "normal"?
As ideas están extraídas do blogue de @teresapatapum
Tedes aquí tres elementos:
-
Un PDF para descargar e colorear (se non tedes impresora, non pasa nada. Podedes debuxalo nun folio).
-
O vídeo coa canción.
-
Un vídeo coa canción (escoitaredes a versión en catalán, pero é a mesma canción).
Que temos que facer?
-
Escoitar a canción (vídeo número 2).
-
Colorear e recortar a mariola (pdf número 1). No caso de non ter impresora, debuxar, colorear e recortar. A miña recomendación para coloreala é que cada nota se corresponda coas cores que traballamos na clase (que tamén son as mesmas da app das campás) do seguinte xeito:
-
Do (C): red.
-
Re (D): orange.
-
Mi (E): yellow.
-
Fa (F): green.
-
Sol (G): blue.
-
La (A): purple.
-
Si (B): pink.
-
Do' (C'): red.
-
-
Visualizar o vídeo 3 co fin de comprobar a relación da canción coa mariola.
-
Cantar a canción ao mesmo tempo que se fan os xestos na mariola.
-
Enviarme unha foto da mariola.
Activity 2
To finish with, here's a video of the 9th Symphony by Beethoven, recorded during the lockdown by lots of musicians of the same orchestra. I'm sure you've heard this music before! This part of the symphony is also known as "Ode to Joy". (It starts at second 44").
Para rematar, deixo aquí un vídeo da Novena Sinfonía de Beethoven, gravado durante o confinamento por parte de moitos músicos da mesmar orquestra. Estou segura de que escoitastes esta música moitas veces antes. Esta parte da sinfonía coñécese tamén como o "Himno á alegria". (Comeza no segundo 44"). Fixádevos como cada vez vai crecendo máis e máis o son!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Este era Beethoven
Friday, 29th May – Thursday, 4th June, 2020
Hello, first graders!
It seems like summer is just behind the corner!
Ola, 1º!
Parece que o verán está á volta da esquina!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA. Aproveitade para revisar se vos quedou algo atrás das actividades que xa estaban colgadas e podedes enviarmas.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Let's start the week reviewing and learning two notes on the staff: SOL and MI (G and E). In this dictation you have to tell me which number does the bird sing!
Comezamos a semana repasando e aprendendo dúas notas do pentagrama: SOL e MI (G e E). Neste ditado melódico tes que dicirme que número é o que está cantando o paxaro!
Activity 2
Let's finish the week with a dance: The Jailhouse Rock by the legend Elvis Presley.
Sabedes quen era Elvis Presley? Aquí vos deixo unha das súas cancións máis famosas para rematar a semana cun baile.
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 22nd May – Thursday, 28th May, 2020
Hello, first graders!
Thank you for all your amazing drawings about "As pitas baixo a choiva"!
Ola, rapaces e rapazas de primeiro!
Moitas gracias polos vosos fantásticos debuxos sobre "As pitas baixo a choiva"!
DAS DÚAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ DEBERÁN ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com A ACTIVIDADE NÚMERO 1, sempre que sexa posible facer o experimento e gravar o audio, e non resulte un impedimento.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Para comezar, imos facer un experimento musical. Trátase de construír un instrumento semellante a un xilófono. Para isto necesitaremos seis vasos iguais, auga, unha regra e unha culler para tocalo. Seguide as instrucións do vídeo coa axuda de quen estea na casa con vós, xa veredes que chulo! Se o facedes, mandádeme unha foto!
Se non podedes facelo, non pasa nada! Saltade directamente á segunda parte desta actividade:
-
Coñeces a canción que está soando? Can you recognize the song?
-
Se respondiches si á pregunta anterior, saberías dicirme cal é o seu título? Do you know the title?
-
Agora...poderías cantala? (Se queres, podes mandarme un audio!). Can you sing it?
O certo é que esta canción coñécese con varios nomes diferentes, moitas veces dependendo do sitio onde se cante. É de orixe francés, pero é tan coñecida que o famoso compositor Mozart a empregou para unha das súas obras...aquí a deixo para que a escoitedes:
Activity 2
E rematamos a semana cunha suxerencia na que imos empregar un instrumento moi chulo que xa coñecedes porque o vimos na clase: as campás de cores (colored bells).
Para isto, é necesario instalar unha app que se chama PsP Bells. Ao abrila, aparecen catro modos de visualización. Por suposto, podedes indagar tódalas súas posibilidades, pero aquí vos deixo unha proposta para experimentar con ela:
-
Escollemos a opción que sae na liña de arriba á dereita (a que ten o pentragrama).
-
Probamos a tocar cada campá, para ver cómo soan.
-
Preguntas:
-
De que cor é a nota máis grave das que aparecen? E a máis aguda? What's the color of the lowest bell? What's the color of the highest bell?
-
En que dirías que se diferencian estas dúas notas que acabas de mencionar? What is the difference between these two bells?
-
Estaría xenial que agora tentárades facer un xogo de recoñecemento auditivo, que consiste no seguinte: tocamos dúas campás, sen que o neno ou nena as vexa, só pode escoitalas. O xogo consiste en adiviñar se o son é ascendente ou descendente.
Se xogades, xa me contaredes! Keep me posted if you play!
Despídome cunha canción que descubrín o outro día. Agora xa podemos saír a pasear un pouquiño (non como cantaba Sabela), pero lembrade lavar as mans despois de cada saída, como di o retrouso da canción!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
This is Mozart
Semana das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero
Friday, 15th May – Thursday, 21st May, 2020
Hello, first graders!
This week we'll do a couple of activities about Día das Letras Galegas, which is on Sunday!
Ola, rapaces e rapazas de primeiro!
Esta semana faremos un par de actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que como seguro sabedes é este domingo!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ DEBERÁN ENVIAR A PARTE DO DEBUXO DA ACTIVIDADE NÚMERO 1 A roquenroll2018@gmail.com
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Aquí vos deixo un conto do homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carballo Calero. Ademais, incopora unha serie de cancións que ambientan a historia. E, neste vídeo, nolo contan.
Agardo que vos guste!
-
Das catro cancións da páxina "As pitas baixo a choiva" que escoitaches, cal foi a que máis che gustou e por que?
-
Fai un debuxo no que representes esa canción que elixiches.
Activity 2
Despídome ata a semana que vén cunha coñecida canción de Paco Nogueiras, titulada "Meu o mundo é". Agardo que a bailedes, a cantedes e a desfrutedes moito!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 8th May – Thursday, 14th May, 2020
Hello, first graders! Ola, rapaces e rapazas de primeiro!
We're back with Music after our bank holiday last Friday. Estamos de volta con Música despois do descanso do venres pasado.
I hope you're doing well. Agardo que esteades ben.
Thank you for all the wonderful musical maps! Moitas gracias polos marabillosos mapas musicais!
This week we’ll do three activities. Esta semana faremos tres actividades.
DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ O SEGUINTE:
-
Actividade nº 2: cubrir e enviar a ficha interactiva.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
-
Primeiro imos facer un exercicio de percusión corporal coa canción "Mary had a little lamb" de fondo. O exercicio ten unha estrutura de eco. Isto quere dicir que debemos "responder" o mesmo que fai a rapaza, contestando cos mesmos patróns rítmicos. First, we'll do a body percussion excercise with the song "Mary had a little lamb".
Activity 2
Continuamos cunha ficha interactiva! Now it's time for an interactive worksheet! Escoitaredes catro audios e debedes indicar, de cada un e en comparación co resto deles, se son rápidos (fast) ou lentos (slow) e se soan forte (loud) ou piano (soft). https://es.liveworksheets.com/kd76471kp
Activity 3
E rematamos a semana cunha canción moi relaxante que nos pode acompañar ao final do día...ou pola mañá...ou á hora que vos apeteza! Agora xa podedes saír a dar un paseo pequeniño...pero aínda así, como di esta canción, pasamos case "todo o día na casiña".
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 24th April – Thursday, 30th April, 2020
Hello! Ola!
This week we’ll do three activities. Esta semana faremos tres actividades.
Para facelo máis sinxelo, as entradas estarán escritas en galego, pero incluirei palabras ou pequenas frases que considero importantes en inglés cunha cor vermella.
DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ O SEGUINTE:
-
Actividade nº 1: COMPLETA (adxuntar o audio e a parte de EXTRA! é opcional).
-
Actividade nº 3: SÓ A RESPOSTA Á PRIMEIRA PREGUNTA EN GALEGO E EN INGLÉS.
Non é necesario crear unha conta de correo para os nenos/as. Poden empregar a dos pais/nais/titores, indicando no asunto o nome e o curso (especificando A ou B).
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
-
Primeiro, imos empregar a nosa voz (voice) facendo un mapa musical (musical map). Necesitarás diferentes tipos de obxectos; podes escoller os que queiras! Por exemplo, eu escollín unha bufanda, uns mandos da tele, dúas pezas dun xogo, dous pendientes e tres tapóns de auga.
-
Unha vez que tes todos os obxectos escollidos, debes dispoñelos na orde que queiras: eu fíxeno sobre unha mesa, pero ti podes facelo no chan, por exemplo! Onde queiras.
-
Agora, imos interpretar o mapa musical. Now, let’s play our musical map. Podes escoitar o meu exemplo facendo clic aquí:
-
É a túa quenda! Emprega a imaxinación. Estarei encantada de ver os vosos mapas musicais! Fai unha foto e envíama. Se queres, podedes engadir tamén un audio coa gravación da interpretación.
EXTRA!
Podes indicar cantas partes agudas (high) e graves (low) ten o meu mapa musical?
Podes indicar onde a música é ascendente (que sube, up) ou descendente (que baixa, down)?
Podes indicar onde é que o interpreto forte (loud) e onde piano (suave, soft)?
Activity 2
-
A continuación imos cantar (let’s sing) e facer percusión corporal (body percussion). Para iso, só necesitamos a nosa voz (voice) e o noso corpo (body). Xa o tedes todo, a que si? Pois imos aló!
-
Primeiro, aprendemos a letra da canción “Bingo”, que está en castelán e di así:
Había un perro en una granja y se llamaba BINGO:
BE – I – ENE – GE – O (x3)
Y se llamaba Bingo.
-
These are the lyrics of the song in English:
There was a farmer had a dog
and Bingo was his name-o.
BI – AI – EN – YI – OU (x3)
And Bingo was his name-o.
-
Como vedes, a letra deletrea o nome do can! Ben. Pois agora que xa a sabemos, imos cantala un par de veces, primeiro en castelán:
-
Neste vídeo, podedes ver o reto que vos lanzo. Consiste en substituír cada letra polo xesto correspondente, do seguinte xeito:
-
Comezamos co B, que substituímos por pitos (chasquidos de dedos). Se non vos soan os pitos, non pasa nada! Canto máis o fagades e practiquedes, seguro que vos acaban saíndo.
-
Seguimos co I, que substituímos por unha palmada.
-
A continuación, o N, no que tocaremos no peito coas dúas mans.
-
O G, igual que o n, no peito.
-
Por último, o O, no que damos coas mans nunha mesa. Se non estades diante dunha mesa, podedes dar enriba das vosas coxas.
-
-
E aquí temos a canción en inglés, que ten uns xestos diferentes pero a idea é a mesma. Podedes probar tamén:
Activity 3
-
Por último, como sei que estades estudando cousiñas relacionadas co mar, imos escoitar un fragmento dunha obra do compositor Händel que se chama “Música Acuática”. E diredes: por que ten ese título? Pois porque Händel escribiu esta música pensando nun paseo polo río, pero ben podería ser tamén para un paseo polo mar!
Este era Händel coa súa flamante peluca:
-
Fixádevos ben neste vídeo!
-
Déixovos, po último, dúas preguntiñas para que contestedes:
-
Podedes dicirme o nome de dous instrumentos que aparezan no vídeo? Can you tell me the name of two instruments in the video?
-
Podedes sinalar no vídeo ao director (conductor), aos instrumentistas (músicos, musicians) e ao público (audience)?
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
martes, 14 de abril de 2020
Benvidas e benvidos ao terceiro trimestre!
Como sinalei no botón de "Novidades 3º trimestre", esta semana seguirei co repaso a expensas das instrucións da Consellería.
Actividade:
Imos repasar a asociación de palabras con ritmos. Para isto, enlázovos un documento para que completedes coas seguintes palabras:
-
Watermelon
-
Apple
-
Pie
-
Sh
Despois, probade a "rapear" estes ritmos, como fixemos na clase.
Unha vez que o completedes, facede clic en "¡Terminado!". Aí, dádelle a "Enviar respuestas a mi profesor/a". Engadide o voso nome, o voso curso (se sodes de 1ºA ou 1ºB) e o meu mail: roquenroll2018@gmail.com
Por último, dádelle a "Send".
Eu recibirei un mail coas vosas respostas, así tamén probamos este sistema a ver que tal funciona.
Unha aperta moi grande!
Luns, 30 de marzo de 2020
Que tal, rapaces e rapazas?
Agardo que todo siga ben. Déixovos aquí as actividades de Música para esta semana!
Actividade 1:
O outro día compartinvos un vídeo para seguir unha canción con papeis de catro cores diferentes. Que tal foi?
Hoxe, propóñovos o mesmo para comezar, pero mirade que idea tan boa: neste vídeo podédelo facer sós, sen axuda de ninguén! Xa me contaredes!
Actividade 2:
Imos agora cun xogo interactivo moi parecido a un que fixemos na clase. Tedes que ordear o ritmo que soa empregando negras (TA) ou silencio de negra (sh). Este é o enlace:
https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html
Actividade 3:
Na última actividade da semana imos cantar. Seguro que moitos de vós tedes un arco da vella nas vosas fiestras para recordarnos que todo vai saír ben! Pois...imos aprender unha canción relacionada con isto: the RAINBOW
Despídome cun vídeo que agardo que vos guste moito. A música que soa é "Na gruta do rei da montaña", do compositor Edvard Grieg.
Decídeme...que vos suxire esta música? Como vos fai sentir?
Apertas, ata a semana que vén!
LUNS, 23 DE MARZO DE 2020
OLA, RAPACES E RAPAZAS DE PRIMEIRO!
AGARDO QUE ESTEADES BEN.
DÉIXOVOS AQUÍ UNHAS PROPOSTAS DE MÚSICA PARA ESTA SEMANA.
ACTIVIDADE 1: Comezamos ao ritmo de "Boom Chicka Boom" para mover o esqueleto.
ACTIVIDADE 2. Agora, necesitades oito papeis de catro cores diferentes (RED, YELLOW, GREEN and BLUE; é dicir, dous de cada cor) e a axuda dun maior. Se non tedes papeis de cores, non pasa nada! Podedes coller papeis en branco e colorealos desas catro cores que vos indico. A idea é seguir unha estrutura de ECO (o maior realiza unha secuencia e o neno/a ten que copiala, coma o xogo de Simon says). Este é o vídeo de exemplo, e esta a música que empregan no vídeo, pero non tedes nin que seguir a secuencia do vídeo nin empregar esa mesma música, empregade a que queirades e como queirades!
O importante é que sigamos a estrutura que di o maior sen equivocarnos, seguindo o ritmo da música e incrementando a velocidade cada vez máis.
ACTIVIDADE 3:
Déixovos un lindo gatito para que coloreedes seguindo a lenda:
-
TA = pink
-
SH = orange
-
TITI = brown
Despídome cun vídeo que creo que vos vai gustar. Coñecedes a canción?
MOITO ÁNIMO E FORZA PARA ESTES DÍAS! NON DEIXEDES DE FACER MÚSICA!
APERTAS.