Friday, 19th June, 2020 - Last day of 2019 - 2020 year
Good morning guys!
Summer is about to start, and holidays too!
Thank you for everything. You did a great job!
Bo día, chicos e chicas!
O verán está a piques de comezar, e as vacacións tamén!
Graciñas por todo. Fixestes moi bo traballo!
Ás portas do verán e chegando ao final deste curso tan atípico, agardo que este tempo fose agradable na medida das circunstancias, e que polo menos resultase unha oportunidade para extraer experiencias positivas dunha situación tan estrana coma a que nos tocou vivir.
Sen ter claro aínda como imos comezar en setembro, aproveito para deixar algunhas propostas e para desexarvos un moi feliz verán!
-
Canle de YouTube de María José Sánchez Parra: algunhas das propostas que engadín ao blogue pertencen a esta canle. Mª José é unha mestra de música extraordinaria que quizais vos resulte familiar, pois aparece no programa "Aprende en Casa" de RTVE. En concreto, as súas sesións son os mércores pola mañá, pois é o día dedicado á Educación Artística. Na súa canle de YouTube publica os vídeos que fai no programa, pero tamén ten outros moitos que poden resultar interesantes para facer na casa. Botade unha ollada!
-
Padlet: deixo aquí un taboleiro virtual no que podedes colgar o que queirades para despedirnos e pechar así o curso...ou enviar calquera cousiña durante estas vacacións. Pode ser un vídeo, un texto, un debuxo, unha foto, unha nota de voz cantando ou falando, unha recomendación musical, un comentario...o que queirades! Basta con arrastra-lo arquivo á zona amarela ou facer clic no "+" e adxuntar.
Enjoy the Summer!
Hugs for everyone and thanks for everything...see you in September!
Desfrutade do verán!
Apertas para todos e todas e graciñas por todo...vémonos en setembro!
Friday, 12th June – Thursday, 18th June, 2020
Hello, fifth graders!
Ola, chicos e chicas de 5º!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN NON SERÁ NECESARIO ENVIAR NADA ESTA SEMANA.
Imos alá! Let’s go!
NOTA: aparentemente hai un problema cos enlaces aos vídeos de YouTube, polo que vos deixo escrito o que habería que poñer na barra de búsqueda para que saian os vídeos indicados e a dirección para copiar e pegar.
Activity 1
This week we'll start with some polyrhythms. Polyrhythms are a group of different rhythms that go together and sound at the same time. Here you can see four parts of rhythm. The steps are the following:
-
First, listen to it.
-
Then, focus on listening the first line.
-
Now, focus on listening the second line.
-
Do the same with the third line.
-
Finish with the fourth line.
-
Now, try to play each of the lines without music.
-
Finally, play each line with the music.
Esta semana comezaremos cunhas polirritmias. As polirritmias son grupos de ritmos diferentes que van xuntos e soan ao mesmo tiempo. Aquí podes ver catro partes de ritmo. Os pasos para esta actividade son os seguintes:
-
Primeiro, escoita e visualiza o vídeo.
-
Despois, céntrate en escoitar a primeira liña de ritmo.
-
Agora, céntrate na segunda.
-
Fai o mesmo coa terceira.
-
Agora intenta tocar cada unha das liñas de ritmo sen música.
-
Remata tocando cada liña coa música de fondo.
Búsqueda en YouTube: "Polirritmia2 Gerardo Diego" https://youtu.be/yDmcxwF00z8
Activity 2
We finish this week with a cup game. You can do it with someone in your family!
Rematamos a semana cun xogo de vasos. Podedes facelo con alguén da familia!
Búsqueda en YouTube: "LETKISS - Juego de vasos" https://youtu.be/TLwfklVe3LU
Ata o venres que vén, que será o último deste curso!
See you next Friday, last day of this academic year!
Friday, 5th June – Thursday, 11th June, 2020
Hello, fifth graders! Thank you for all your works about music and dance of the world!
Ola, chicos e chicas de 5º! Graciñas polos vosos traballos sobre música e danzas do mundo!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN SÓ SERÁ NECESARIO ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com A ACTIVIDADE NÚMERO 2.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Let's start with a band called Daft Punk. In this song, "One more time", you'll have to use claps, laps and feet.
Comezamos cunha banda que se chama Daft Punk. Nesta canción, "One more time", teredes que empregar palmas, muslos e pés para seguir o musicograma de percusión corporal.
Déixovos tamén o enlace ao vídeo orixinal coa canción completa para que a escoitedes.
Activity 2
I know that you've started preparing a new project about the universe. The english composer Gustav Holst wrote a suite called "The planets", where he pictures each planet with a musical theme.
Sei que comezastes a preparar un novo proxecto sobre o universo. O compositor inglés Gustav Holst escribiu unha suite chamada "Os planetas", onde representa cada planeta cun tema musical diferente.
Unha suite é unha forma musical que se compón de pezas instrumentais breves. Neste caso, falamos de sete pezas (unha por cada planeta, xa que non inclúe a Plutón).
Aquí tedes un vídeo coa suite, separado cos cortes de cada planeta. Non vos parece moi cinematográfica?
Neste pdf está todo o que debedes facer para entregarme esta semana. Se non tedes impresora, non pasa nada. Escribide nun folio as páxinas 2, 4 e 5.
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 29th May – Thursday, 4th June, 2020
Hello, fifth graders!
It seems like summer is just behind the corner!
Ola, 5º!
Parece que o verán está á volta da esquina!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade 3. Lembro que non hai présa na entrega das tarefas, que o importante é ir facendo o que se poida na medida do posible! Incluso podedes enviarme actividades pasadas que ao mellor non vos dera tempo a facer antes.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
This week we'll start with a video to learn some movements from the shuffle. Are you ready to try?
Esta semana comezamos cun vídeo para aprender unha serie de pasos característicos do "shuffle". O nome quizais non vos sone demasiado, pero despois de ver o vídeo comprobaredes que son pasos que saen bastante nos videoclips da música actual.
Activity 2
Let's continue with a time signature review: the 3/4. You'll need a ball!
Continuamos cun repaso do compás de 3/4. Necesitaredes unha pelota!
Activity 3
Let's finish the week with a little project about World Music. Here are the steps:
Rematamos a semana cun pequeno proxecto sobre a música no mundo. Aquí van os pasos:
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 22nd May – Thursday, 28th May, 2020
Hello, fifth graders! How you doin'?
Some of you solved the mistery. The hidden Carballo Calero's work was V I E I R O S, good job!
Ola, rapaces e rapazas de quinto! Como vades?
Algúns de vós resolvestes o misterio. A obra oculta de Carballo Calero era V I E I R O S, bo traballo!
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERANSE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade nº 2 (audio dunha das cancións de frauta deste curso) e a Actividade nº 3. Tomade o voso tempo: a carga de traballo desta semana é maior, polo que se non vos da tempo a facelo todo nesta semana, podedes enviarmo pouquiño a pouco, non vos preocupedes!
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
To begin with, here's a challenge for this week. I bet some of you became expert bakers during this quarantine time!
Para comezar, esta semana lánzovos un reto. Aposto a que moitos e moitas de vós convertéstesvos en expertos panadeiros e panadeiras durante esta corentena!
Tanto para os que estivestes a tope co forno, coma os que non, aí vai:
O reto consiste en aprendervos un ritmo coñecido coma "O ritmo das panadeiras". Preguntarédesvos o porque dese nome...pois neste vídeo tedes a explicación e un tutorial paso a paso para executalo. É un pouco lioso ao principio, pero en canto o teñades interiorizado xa veredes que chulo queda.
Tamén vos deixo outro vídeo no que se fai unha variación sobre este ritmo e un terceiro no que o interpretan (á vez que cantan) as rapazas do grupo galego Tanxugueiras.
Activity 2
Let's continue with the recorder. I want you to record yourselves playing one of the songs we learned this year. You don't have to be on the video: an audio is perfect! (You can find the scores scrolling down this page).
Seguimos coa frauta. Gustaríame que vos gravásedes a vós mesmos tocando unha das cancións que aprendemos este curso, a que queirades. Non tedes que aparecer no vídeo, un audio é perfecto! (Lembrade: tedes as partituras se lle dades para abaixo de todo nesta páxina).
Activity 3
To finish with, we'll do a little research work. This year (the coronavirus year) is also the year of Beethoven! It would be his 250th birthday (yes...almost a baby).
Para rematar, faremos un pequeno traballo de investigación. Este ano (o ano do coronavirus) é tamén o ano Beethoven! Cumpriría 250 anos (pois si...case un bebé).
-
Investigade a súa data de nacemento e defunción, así coma o país de onde era orixinario.
-
Buscade e escoitade fragmentos da súa música. Escribide o título de cinco das súas obras e dicídeme cal é a que máis vos gusta e por que.
-
En que período (ou períodos) estilístico(s) o situarías?
-
Que elemento empregaba para transmitir as vibracións do seu instrumento?
-
Por se vos animades a incluír un debuxo, aquí vai un titorial!
Non vos perdades esta marabillosa interpretación da cantante Sheila Blanco. Además de deleitarvos...atoparedes resposta a algunhas das preguntas que formulei máis arriba.
E se vos apetece dar unha volta pola casa de Beethoven... visitade este link!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Semana das Letras Galegas 2020: Ricardo Carballo Calero
Friday, 15th May – Thursday, 21st May, 2020
Hello, fifth graders!
This week we'll do some activities about Día das Letras Galegas, which is on Sunday!
Ola, rapaces e rapazas de quinto!
Esta semana faremos algunhas actividades sobre o Día das Letras Galegas, que como sabedes é este domingo, día 17.
DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade nº 1: os alumnos e alumnas deben escribir tanto o título do libro coma a solución ás pistas que se dan.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
Solve the mistery!
The letters of this Carballo Calero's work have been removed. Can you guess the title of the book?
Resolve o misterio!
Alguén eliminou as letras desta obra de Carballo Calero. Poderías adiviñar de que título se trata seguindo as pistas que nos dan?
Activity 2
Now we'll learn lots of things about a musical genre that mixes music with theatre. Carballo Calero was really into it! And we're working on this with sixth graders...can you guess?
Nesta páxina imos aprender moitas cousas sobre un xénero musical que mestura música e teatro, ao que Carballo Calero era moi aficionado...e que estamos a traballar en sexto. Non vos digo máis! A ver se adiviñades cal é.
Activity 3
To finish with, this is not about Letras Galegas, but is a cool song made by the Spanish band Vetusta Morla, featuring lots of artists like Rozalén or Joaquín Sabina. It is a tribute to all medical workers on their fight against COVID-19. I hope you like it!
Para rematar, aínda que non sexa sobre as Letras Galegas, déixovos unha canción moi chula feita pola banda Vetusta Morla, en colaboración con outros artistas coma Rozalén ou Joaquí Sabina. Trátase un tributo a tódolos traballadores da saúde na súa loita contra o COVID-19. Agardo que vos guste!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 8th May – Thursday, 14th May, 2020
Hello, fifth graders! Ola, rapaces e rapazas de quinto!
We're back with Music after our bank holiday last Friday. Estamos de volta con Música despois do descanso do venres pasado.
I hope you're doing well. Agardo que esteades ben.
Thank you for all your works! They were very interesting. Moitas gracias polos traballos! Foron moi interesantes.
Regarding Kahoot!, don't worry. We'll do another ones. En canto ao Kahoot! non vos preocupedes. Faremos outros ;)
Here are the answers of the Harry Potter assingment. Aquí tedes as respostas da tarefa de Harry Potter.
This week we’ll do two activities. Esta semana faremos dúas actividades.
DAS DÚAS ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ a Actividade nº 1. O apartado de EXTRA! non é obrigatorio.
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
-
OS MAIOS:
This week we'll be working on one of the most important Galician festivities: the maios.
Esta semana imos traballar unha das festas máis importantes de Galicia: a festividade dos maios.
Como o seu nome indica, ten lugar os primeiros días deste mes, en moitas rexións galegas. Malia todo, non é a festa máis coñecida da nosa zona, e por iso vos deixo un vídeo que volo vai explicar todo moi ben. Prestade atención!
Lembrades a regueifa que fixemos o ano pasado para o Día das Letras Galegas? Este procedemento, como vedes, é similar. Nesta actividade (que é a que tedes que enviarme esta semana) tedes que facer as vosas propias coplas dos maios, enviándomas nun documento de texto ao correo ou por Drive. A extensión é libre, cun mínimo de dúas estrofas (é dicir, oito versos).
BONUS! EXTRA!
Se vos sentides con ganas, empregade este audio para ensaiar as vosas composicións e enviádeme unha mostra cantando.
Activity 2
Nesta actividade imos rescatar a frauta (recorder) cunha das cancións de moda, Dance Monkey do grupo Tones and I. Déixovos aquí a partitura (score), a canción orixinal (original song) e un tutorial (tutorial) de YouTube para practicala. Sei que a partitura pode parecer un pouco complicada, pero como é unha canción que xa coñecedes, tedes o ritmo interiorizado, polo que vos resultará máis doado.
Xa me contaredes que tal foi! Agardo que a desfrutedes tocando.
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Friday, 24th April – Thursday, 30th April, 2020
Hello! Ola!
This week we’ll do three activities. Esta semana faremos tres actividades.
Para facelo máis sinxelo, as entradas estarán escritas en galego, pero incluirei palabras ou pequenas frases que considero importantes en inglés cunha cor vermella.
DAS TRES ACTIVIDADES PROPOSTAS A CONTINUACIÓN DEBERASE ENVIAR A roquenroll2018@gmail.com SÓ O SEGUINTE:
-
Actividade nº 1: enviade as respostas ao correo.
-
Actividade nº2: é opcional. Se a facedes, enviade as respostas ao correo igualmente.
Non é necesario crear unha conta de correo para os nenos/as. Poden empregar a dos pais/nais/titores, indicando no asunto o nome e o curso (especificando A ou B).
Imos alá! Let’s go!
Activity 1
-
Comezamos cun exercicio de ritmo (rhythm). Como seguro que sabedes, onte, día 23 de abril, foi o Día do Libro. Aínda que lamentablemente este ano non estamos no cole para celebralo, agardo que o esteades a conmemorar cada día aproveitando este tempo para ler un montón!
-
Unha das sagas literarias máis famosas dende hai anos é Harry Potter. Pois ben! Déixovos un exercicio no que debedes emparellar as palabras desta temática co ritmo que facemos cando as pronunciamos.
-
Para enviarme as respostas, facede o seguinte. Copiade e pegade isto e escribídeme ao lado o ritmo correspondente con sílabas rítmicas (rhythm syllables), TA, TITI ou SH segundo o .pdf que atoparedes aquí. Por exemplo, “Profe Sara” sería TITI TITI.
-
Hogwarts:
-
Harry Potter:
-
Hermione:
-
Ron:
-
Snitch:
-
Broomstick:
-
Sorting Hat:
-
Leviosa:
-
Dobby:
-
Activity 2
Seguimos agora cunha investigación que nos levará a descubrir, de seguro, nova música!
-
Nun papel, facede unha táboa coma a que sinalo máis abaixo e rexistrade nela a tódalas persoas que convivan con vós.
-
Anotade o seu día, mes e ano de nacemento. Incluídevos tamén a vós mesmos/as. Write the names, months and years of birth. Include yourself.
-
A continuación, visitade a seguinte páxina web:
https://los40.com/lista40/lista40_cuandonaciste.html
-
Introducide os datos de cada persoa. Veredes que sae a canción que era Nº1 na lista dos 40 Principales o día de nacemento de cada unha desas persoas!
-
Escoitade agora tódalas cancións que vos saíran e contestade ás seguintes preguntas:
-
Cal é a canción que máis che gustou? Por que? Which song did you like the most? Why?
-
Cal é a canción que menos che gustou? Por que? Which song did you like the least? Why?
-
Indica que cancións coñecías e cales non. Mark the songs that you already knew.
-
Activity 3
Rematamos a semana cun Kahoot! de repaso de contidos.
https://kahoot.it/challenge/07512443?challenge-id=ee253ffb-a4af-49de-b405-4a0fc6ca7f22_1587569452669
Despídome cun vídeo moi interesante que espero que vos guste, para que vexades que se pode facer música con calquera cousa!
Ata o venres que vén! Apertas.
See you next Friday! Sending a big hug.
Extraído do TPT de @annademusica
Martes, 14 de abril de 2020
Ola, 5º! Comezamos este terceiro trimestre da mesma forma na que rematamos o segundo: de momento, enviarei contidos de repaso. Cando teñamos novidades, informarémosvos.
De momento, imos probar este sistema de fichas interactivas, a ver que tal funciona.
Se facedes clic neste enlace abrirase unha páxina na que hai catro exercicios de repaso dos compases e da duración das figuras. Completádeo e, unha vez que o teñades, facede clic en "¡Terminado!". Aí, dádelle a "Enviar respuestas a mi profesor/a". Engadide o voso nome, o voso curso (se sodes de 5ºA ou 5ºB) e o meu mail: roquenroll2018@gmail.com
Por último, dádelle a "Send".
Eu recibirei un mail coas vosas respostas.
Seguimos falando!
Apertas.
Martes, 31 de marzo de 2020
Bo día, 5º! Como estades?
Aquí vos deixo a proposta de actividades de Música para esta semana. Para calquera dúbida, comentario ou actividade que me queirades mandar, xa sabedes que podedes escribirme a roquenroll2018@gmail.com
Actividade 1:
Imos compoñer música. Preséntovos hoxe dúas ferramentas para facelo e enredar un pouquiño.
-
Quizais coñezades esta, pero se non seguro que vos sorprende. Chámase Incredibox, e trátase dunha app que nos permite crear música. Esta é a súa páxina, pero tamén podedes baixar a aplicación se dispoñedes dunha tablet ou doutro dispositivo móbil: https://www.incredibox.com/ Escollede un dos personaxes, dádelle a play e comezade a engadir elementos, a quitalos, a silencialos...podedes incluso gravar a vosa composición.
-
Esta páxina ten catro opcións: compositor, piano en Do Maior, piano e xilófono. Anímovos a que lle botedes unha ollada:
Actividade 2:
Para esta actividade necesitaredes cascos. Non os poñades a un volume alto, pois poden danar os nosos oídos. Preséntovos o Son 8D. Trátase dun sistema de gravación envolvente, que da a sensación de que a música se expande por todas partes.
Sería algo así coma a tecnoloxía das pelis en 3D aplicada á música. Hai moitos exemplos en YouTube; eu déixovos este de The White Stripes.
Actividade 3:
Imos agora a repasar a colocación das notas no pentagrama con este xogo interactivo. Agardo que consigades moitos puntos!
Actividade 4:
A última actividade da semana é unha investigación elaborada por outra profe doutro cole, esta é a ligazón á súa páxina: https://patrifulca.wixsite.com/arquimusicaxeral
Esta profe fálanos da relación entre arquitectura e música, que aínda que non o poida parecer, é moi estreita.
Gustaríame que lle botárades unha ollada, vén todo moi ben explicado nesa páxina que vos deixo.
Despídome cunha imaxe...sabedes de que monumento se trata? Como está debuxado?
Apertas, e ata a semana que vén!
LUNS, 23 DE MARZO DE 2020
Bo comezo de semana, 5º! Agardo que esteades ben.
Irei publicando unha vez á semana, así que permanecede atentos e atentas!
Ante esta situación, na que non podemos estar xuntos, temos que cambiar os plans que tiñamos, pero non por iso imos deixar de facer música :)
Actividade 1
Primeiro, repasaremos as cancións de frauta que practicamos ata o momento. Déixovos, para cada unha, a partitura e un tutorial (excepto para a primeira, que non atopei ningún igual á nosa partitura). ;)
SOL - SOL - SOL - LA | SII - SII | LA - SOL - LA - SI | SOOOL (SH) | SI - SI - SI - DO | REE REE |
DO - SI - DO - RE | SII (SH) RE | SOOL (SH) RE | SOOL (SH) RE | LA - RE - LA - RE | SOOOL (SH) ||
SI si SI la | SOL sol SOL. | DO do DO si | LA la LA. |
SI do RE do | SI do RE si | LA do SI la | SOL sol SOL. ||
*Esta señora fai unha pequena variación, pero serve de exemplo para recordar a sonoridade da canción e as posicións da man.
RE - SI | DO - LA | DO - LA | SI - SOL | RE - SI | DO - LA | DO - LA | SOOL :|| resi resi | DO - LA | dola dola | SI - SOL |
resi resi | DO - LA | dola dola | SOOL | resi resi | DO - LA | dola dola | SI - SOL | RE - SI | DO - LA | dola dola | SOOL ||
Actividade 2:
Despois de mover un pouquiño os dedos repasando a frauta, imos cunha actividade de ritmo e melodía.
A canción que imos aprender chámase "Epo I Tai Tai E", e provén de Nova Zelanda. En concreto, da etnia Maorí.
-Primeiro, aprendede a letra e a melodía (si, o neno que comeza a cantar desafina un pouquiño...pero despois soluciónase).
-Despois vén a percusión corporal. Hai tres niveis de dificultade. Empezade polo primeiro e ide subindo!
Centrádevos nos cadros onde di "PAT - CLAP - SHOULDER - SNAP" (Muslos - palmas - hombros - chasquidos).
-Parade o vídeo as veces que precisedes. Primeiro, dominade o ritmo da percusión corporal. Unha vez dominado será cando poderedes cantar ao mesmo tempo que tocades.
Investiga...
O pobo maorí ten, entre o seu patrimonio, unha famosísima expresión cultural, unha danza que ensalza a celebración da vida.
Nas súas orixes, esta danza empregábase polos homes coma un grito de guerra, pero co tempo comezouse a interpretar tanto por homes coma por mulleres, representando a unidade do pobo, a forza, a hospitalidade e o espíritu de vivir. Hoxe en día emprégase tanto en escolas coma en encontros deportivos ou en vodas!
-
Saberías dicirme cal é o seu nome?
-
Como se chama o equipo que a popularizou? A que deporte xoga?
Pode parecernos moi estrana, agresiva e incluso poden facernos gracia as súas expresións faciais, pero o certo é que a súa seña de indentidade é o traballo en equipo e o esforzo común.
Actividade 3:
Imos coa última actividade desta semana.
O obxectivo é coñecer máis cousas sobre a familia de vento - metal.
Primeiro, bótalle unha ollada a estes vídeos:
-
Se dispós de impresora, imprime a seguinte imaxe. Despois, investiga o nome destes instrumentos, escríbeo en galego e inglés e colorea.
-
Se non dispós de impresora, non pasa nada! Debuxa os seguintes instrumentos e etiquétaos co seu nome.
Estarei encantada de revisar o que poidades ir facendo no mail roquenroll2018@gmail.com
Despídome ata a semana que vén cun himno do rock para cantar a grito pelado, "Don't stop believing", da banda Journey, nun concerto gravado en 1983 (si, hai un montón de anos). Agardo que vos guste.
Moito ánimo, clase!
Apertas.