top of page

Luns, 23 de marzo de 2020

  • Foto del escritor: Profe Sara
    Profe Sara
  • 23 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Bo comezo de semana, 48 Stars!


En primeiro lugar, quero darvos as gracias polas tarefas que recibín. Agardo que aprenderades algo novo que aplicar na vosa profesión e que os vídeos vos resultasen interesantes.


Pensaba mandarvos hoxe un traballo diferente, pero lin algo onte no blogue oficial de LÓVA que me fixo cambiar de idea. Así que deixo a tarefa que tiña prevista para o próximo venres, e propóñovos agora outra que creo que nos vai a dar moitos folgos :)


A nosa ópera ten que seguir adiante e, sen a axuda de todos e todas, non o poderemos lograr. Temos que loitar para que se convirta nunha realidade.

Hai moitas formas de loitar, pero ocórrenseme dúas de inmediato:

-A primeira é quedando na casa. Sei que custa moitísimo, pero diso trata a superación de obstáculos. Que esta circunstancia nos sirva a todos de fonte de inspiración para a nosa trama! Cando todo pase, seremos moito máis fortes.

-A segunda é manténdonos positivos e, sobre todo, entretidos. Todo isto vai pasar.


Lanzo agora, para todos e todas, a mesma tarefa. Trátase dunha reflexión persoal.

1. Por que merece a pena seguir apostando pola nosa ópera?

2. Como nos pode axudar a nosa ópera e o noso traballo de preparación no momento de confinamento no que nos atopamos?


Se o plan non funciona, cambiaremos o plan, pero non a meta.

Para despedirme ata o venres, déixovos unha canción moi positiva coa que espero que bailedes moito. Subide o volume! Ollo, que o vídeo ten sorpresa ;)

Xa me contaredes que vos parece.

Apertas.





 
 
 

1 Comment


Raquel Abalo
Raquel Abalo
Mar 27, 2020

Ola Sara son Elena de 6ºB.

Hoxe venres 27 de marzo, vas mandar tarefa de LÓVA?

Like

© 2020

bottom of page