top of page
Buscar
  • Foto del escritorProfe Sara

Venres, 24 de abril de 2020

Ola, chicos e chicas.

Xa sabedes que os venres vai ser o día de publicación das actividades de Música, e que polo tanto tamén será o día que publiquemos sobre LÓVA.

Estas semanas pasadas comenteivos que estabamos a indagar nalgún método que nos permitise unha comunicación máis fluída e cómoda entre nós. Pois ben, imos deixar este blogue e comezamos unha nova andadura: A Aula Virtual do cole.

Sei que pode parecer un pouco lioso...que son moitas as ferramentas ás que temos que atender...pero neste caso non imos engadir outra plataforma, senón que a imos substituír.

A Aula Virtual é un espazo moi parecido a E-dixgal, polo que seguro que non ides ter problema. Pronto recibiredes por Abalar as instruccións de acceso.

Por outra banda, imos realizar unha tanda de videoconferencias cos diferentes grupos de profesións. Irémosvos dicindo cando vos toca a cada un.

Agardo que esteades todos e todas ben. Pensade que nuns días xa poderedes saír un ratiño a pasear!

Apertas.




67 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page