top of page
Buscar
  • Foto del escritorProfe Sara

Venres, 17 de abril de 2020

Ola, 48 Stars! Como estades?

Desta vez escribo aquí para contarvos cousiñas, non para unha nova tarefa.

A partires da semana que vén, cambiaremos o sistema. Pasarei a publicar un día á semana, sempre os venres. Por iso, estade atentos e atentas ao blogue o día 24, que aí xa vos explicarei todo.

Sei que hai problemas para que vos comuniquedes entre vós, para enviarvos as cousas...os profes estamos traballando para que todo sexa máis fácil. Manterémosvos informados e informadas.

Quero darvos as gracias por todo o que me enviades, tanto ao correo coma por Edixgal. Xa sabedes que esta situación é insólita, e temos que tentar adaptarnos a medida que imos coñecendo as novidades. De momento, como aínda non podemos volver ao cole, seguimos remando por aquí.


Falando de remar...quero contarvos unha historia.

No ano 2004 estreouse unha película chamada "Diarios de Motocicleta". A súa canción principal, Al otro lado del río, composta polo cantautor uruguaio Jorge Drexler, estaba nominada ao premio Oscar á mellor canción orixinal.

Jorge non era coñecido en Estados Unidos. Por iso, a Academia de Cine (as persoas que organizan a cerimonia dos Oscar) decidiu que non cantase el na gala (si, que non cantase a súa propia canción!), se non que o fixeran outros que si eran coñecidos en Estados Unidos. Eses dous foron o actor Antonio Banderas e o guitarrista Carlos Santana.

Non se pode negar que Banderas é un gran actor e Santana unha lenda da guitarra. E fixérono ben, mirade:

E vós diredes: "que inxustiza!". Pois si.

Eles mesmos estaban sorprendidos de que a Academia de Cine non deixase a Jorge cantar a súa propia canción. Jorge, mentres tanto, observaba todo o que estaba a pasar dende o patio de butacas.

Chegaba o momento da verdade. Outra lenda da música, Prince, presentaba aos nominados á mellor canción orixinal. Que nervios! Quen ía gañar aquel prezado premio? Pois si, compañía: o gañador foi Jorge Drexler!

E sabedes que fixo Jorge? Non se enfadou. Nin puxo malas caras. Nin se puxo chulito. Non. Jorge subiu a recoller o premio (que, por certo, era a primeira vez que unha canción en español o gañaba) e fixo o mellor que puido facer: cantou vinte segundos da súa canción. En lugar de dar as gracias a todo o mundo que o apoiara, ou de dar un discurso, ou de saudar, "gastou" eses segundos de ouro en cantar. E eses vinte segundos foron o final máis feliz para esta historia.

Aquí tedes o vídeo do momento:


E este é o videoclip da canción coas imaxes da película:


Con isto quero dicirvos que, ás veces, os problemas non nos deixan ver unha solución. Pero sempre a hai, e podemos saír dela moi reforzados. Jorge reivindicou o seu lugar da forma máis sutil pero máis efectiva, e así todo o mundo, por fin, o escoitou.


Como di a súa canción, rema...rema...

Non deixedes de remar!

Pero que diría 48 Stars? Luka...luka... que vén sendo o mesmo ;)

Apertas!

60 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page