Bo día, compañía!
Comezamos a primeira sesión LÓVA de forma telemática. Lede todo con atención.
Antes de nada, tres consellos para que todos lle botedes un vistazo estes días:
Unha web interesante sobre o mundo da ópera: http://www.playopera.com/web/
O MET (A Ópera Metropolitana de New York) ofrecerá dende a súa páxina web a retransmisión dalgunhas óperas alí representadas! É unha oportunidade boísima para botarlle unha ollada, aínda que sexa un cachiño. Déixovos a web: https://www.metopera.org/ As retransmisións, debido ao cambio horario, son moi tarde (ás 23.30), pero o bo é que están dispoñibles ata durante 20 horas despois da estrea, polo que podedes velo á mañá seguinte. Onte á noite botaron "Carmen", de Bizet, pero aínda se pode ver.
This is Opera é un programa interesantísimo. Ramón Gener é o seu presentador, e en cada programa investiga unha ópera famosa. https://www.rtve.es/television/this-is-opera/ Podedes empezar polo programa "O nacemento da ópera" => https://www.rtve.es/alacarta/videos/this-is-opera/this-is-opera-nacimiento-opera/3406119/ , ou escollede o título que queirades.
Ante a imposibilidade de reunirnos e de traballar por profesións, vou escribir aquí unha pequena tarefa para cada equipo que debedes enviar antes do martes 24 de marzo a roquenroll2018@gmail.com
Directora de produción e Rexedor: vede os vídeos que se vos indican e escribide un pequeno texto onde mostredes as vosas impresións, relacionándoos cos oficios que tedes na Compañía 48 Stars. Investigade, ademais, a palabriña destacada: https://www.youtube.com/watch?v=d8UFUoj_PnQ e https://www.youtube.com/watch?v=7x-drU4fHes Que é unha escaleta?
Maquillaxe e Vestiario: vede os vídeos que se vos indican e escribide un pequeno texto onde mostredes as vosas impresións, relacionándoos cos oficios que tedes na Compañía 48 Stars. Investigade, ademais, a palabriña destacada: https://www.youtube.com/watch?v=L1FaUpbYF3E e https://www.youtube.com/watch?v=wiqqffQF39w Que é unha crinolina?
Escenógrafos/as: vede os vídeos que se vos indican e escribide un pequeno texto onde mostredes as vosas impresións, relacionándoos cos oficios que tedes na Compañía 48 Stars. Investigade, ademais, a palabriña destacada: https://www.youtube.com/watch?v=_EgXvgrO53g e https://www.youtube.com/watch?v=qG34A5aLPeQ Que é a utilería?
Iluminadores/as: vede os vídeos que se vos indican e escribide un pequeno texto onde mostredes as vosas impresións, relacionándoos cos oficios que tedes na Compañía 48 Stars. Investigade, ademais, a palabriña destacada: https://www.youtube.com/watch?v=0-3wm10x1oY e https://www.youtube.com/watch?v=PzEpMqNd4mg Que é a platea?
Compositores/as: vede o vídeo que se vos indica e escribide un pequeno texto onde mostredes as vosas impresións, relacionándoo cos oficio que tedes na Compañía 48 Stars. https://www.youtube.com/watch?v=D7kn7fk-DaI Investigade sobre cinco compositores de ópera e escribídeme o título da súa obra máis famosa.
Escritores/as: enviádeme un correo dicindo "Ola" para que vos facilite o traballo desta semana.
Documentalistas: investigade esta web de imaxes libres de dereitos https://pixabay.com/es/ e escollede UNHA imaxe cada un/unha que poda servir para ambientar o fondo da nosa ópera a modo de proxección. Cando a teñades, facede un deseño en Impress e mandádemo ao correo.
Relacións Públicas: pasádevos ao correo o logo da compañía recortado en círculo (creo que o tiña Elena no seu ordenador) e facede un posible deseño do programa de man, no que apareza o título da ópera, día, hora e lugar da representación.
Intérpretes: estudiade a vosa parte do libreto. Os escritores enviaranvos a copia actualizada en canto a corrixan.
Revisade o blogue periódicamente para estar ao tanto das novas! Para calquera dúbida, escribídeme.
Boa semana, Compañía!
DIEGO LO DE : roquenroll2018@gmail.com es el correo de SARA mandale por correo que el segundo video no va
El primer vídeo si que me dejó.
Hola soy Diego de Iluminadores no me deja abrir el segundo vídeo entonces no se como poder hacer el trabajo ya probé de muchas formas pero sigo sin poder abrirlo.